Villa Savoye
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Tipo | villa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Obra arquitectónica de Le Corbusier | |||
Localización | ||||
División administrativa | Poissy, Francia | |||
Localización | 82, rue de Villiers | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 19 () × 21,5 () m | |||
Material usado | sistema estrutural: Formigón armado list of commercially available roofing material (en) : formigón | |||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 440 m² | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2016 (40ª Sesión) | |||
Identificador | 1321-006 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 16 de decembro de 1965 | |||
Identificador | IA78000395 | |||
Patrimoine du XXe siècle (en) | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1931 | |||
Actividade | ||||
Creador | Le Corbusier | |||
Visitantes anuais | 38.740 (2019) | |||
Operador | Centro dos monumentos nacionais (pt) | |||
Propietario | Goberno de Francia | |||
Sitio web | villa-savoye.monuments-nationaux.fr | |||
A Villa Savoye é un edificio situado en Poissy, preto de París, construído en 1929 e proxectado por Le Corbusier, un dos arquitectos máis influentes do século XX.
Está considerada como o paradigma da Arquitectura Internacional e do novo xeito de construír vivendas do século XX, xunto coa Casa Farnsworth de Ludwig Mies van der Rohe, a Casa da fervenza de Frank Lloyd Wright e a Vila Mairea de Alvar Aalto. Considérase tamén o paradigma dos Cinco Puntos para unha nova Arquitectura desenvolvidos polo propio Le Corbusier, que consisten en:
- Edificio que descansa sobre pilotis (columnas) na planta baixa, deixando a superficie na súa maioría libre para permitir que a paisaxe quede autónoma do edificio. Tamén para xerar un espazo de transición entre o edificio e os elementos circundantes.
- Cuberta plana, sobre a que se sitúa un xardín (para unha completa vida da persoa dentro do edificio).
- Espazo interior libre, debido á estrutura baseada en piares e tabiques. Decoración a base do cromatismo.
- Fachada libre de elementos estruturais, de forma que pode deseñarse sen condicionamentos.
- Ventás corridas nas fachadas para conseguir unha profusa iluminación natural no interior (fenêtre en longeur).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villa Savoye |