[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Videoconferencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sala de videoconferencia (Gesto Communications).

A videoconferencia consiste na transmisión de imaxes e voz (por exemplo, a través de Internet), de xeito semellante a unha conferencia en vivo. Cando se realiza a través de Internet, tamén se chama webconferencia ou conferencia en liña. Poden gravarse para a súa visualización posterior.

Estándares

[editar | editar a fonte]

Os estándares para a videoconferencia establecen a posibilidade de comunicarse entre as diferentes marcas do mercado. Estes estándares son establecidos pola ITU (Unión Internacional de Telecomunicacións). Son os seguintes:

  • H320: Normas para a videoconferencia punto a punto e multipunto nas Redes Dixitais de Servizos Integrados ISDN.
  • H323: Baséase no protocolo de Internet IP, define como os puntos da rede transmiten e reciben chamadas, compartindo as capacidades de transmisión de son, vídeo e datos.

Sábese que en 1964 a empresa AT&T presentou un prototipo de videoteléfono que podía transmitir vídeo, o seu custo era de máis de mil dólares o minuto de transmisión.

Nos anos 70 os provedores de redes telefónicas empezaron unha transición cara a métodos de transmisión dixitais. A industria dos ordenadores tamén avanzou enormemente no poder e velocidade de procesamento de datos e melloráronse significativamente os métodos de mostraxe e conversión de sinais analóxicos (como as de son e vídeo) en bits dixitais.

A principios dos anos 80 utilizaron unha tecnoloxía coñecida coma Codificación da Transformada Discreta do Coseno (DCT). Con esta tecnoloxía analízanse as imaxes de modo que se as áreas da imaxe que se parecen bastante poden ser representadas cunha mesma secuencia. Con este método, logrouse obter unha razón de compresión de 60:1.

A compañía Compression Labs Inc introduciu o primeiro códec CLI e mellorou o VTS 1.5 para obter unha razón de compresión de 117:1 (768 Kbps), este último valía aproximadamente 180.000 dólares, non incluía o equipo de vídeo e son, o cal custaba aproximadamente de 70.000 $dólares, e os custos de acceso a redes e de utilización dun T-1 era de máis ou menos $1.000 dólares a hora.

A mediados dos anos 80 mellorouse a tecnoloxía dos códecs e observouse unha baixa nos custos. CLI introduciu o sistema denominado Rembrandt, que xa usaba unha compresión de 235:1 (384 Kbps).

Picture Tel foi o primeiro en empregar un novo método de codificación chamado Cuantificación xerárquica de vectores (HVQ).

Hoxe en día, a razón de compresión maior empregada é de 1600:1 (56 Kbps), os custos de establecementos son insignificantes, que pode ir desde unha chamada telefónica a unha tarifa plana de Internet a través de chamadas IP. As empresas involucradas nesta tecnoloxía son moitas, como: Tandberg, Sony, Aethra, Cystelcom, HP etc.

Tipos de comunicación

[editar | editar a fonte]

Segundo o tipo de comunicación establecida, pódese falar de:

  • Videoconferencia unipunto, de modo que o posto emisor é recibido por outros que non poden emitir;
  • Videoconferencia multipunto, cando os postos poden actuar tanto de emisores como de receptores;

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]