[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Viño de plátano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Viño de plátano é un viño de froita feito exclusivamente de bananas. É moi común en Filipinas, India, Francia (Caribe) e África.[Cómpre referencia]

Dende o ano 2000, O goberno de Filipinas pretende expandir a industria de viño de plátanos local a todo o país. A illa francesa de Guadalupe tamén produce viño de plátanos.[Cómpre referencia]

Elaboración

[editar | editar a fonte]
  1. Plátanos maduros son pelados e postos en barrís plásticos enchidos de auga.
  2. Os contidos do barril son entón triturados e o puré de plátanos trasládase a potes de metal grandes e férvense durante varias horas, formando unha base de zume e polpa.
  3. O puré de plátanos fervido é filtrado e o azucre engádese sobre o zume e férvese outra vez.
  4. O zume fervido é deixado para arrefriarse.
  5. Un fermento de viño engádese arrefriado e é posto en depósitos de fermentación plásticos entre 15 e 20 días, dependendo do produto.
  6. O líquido fermentado é diluído con auga esterilizada, embotellada e entón transportada para a súa distribución.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]