[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Víctor Soliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Soliño
Biografía
Nacemento(es) Víctor Soliño Seminario Editar o valor en Wikidata
10 de setembro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Baiona, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 1983 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, poeta, letrista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1094526 Musicbrainz: 7768bef2-666f-4872-b3f2-247514e10ead Editar o valor en Wikidata

Víctor Soliño Seminario, nado en Baiona o 10 de setembro de 1897 e finado en Montevideo o 13 de outubro de 1983, foi un xornalista, letrista de tango e poeta galego aveciñado no Uruguai.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1898, con catorce meses, os seus pais emigraron ao Uruguai e establecéronse en Montevideo. A partir de 1914 comezou a guionizar revistas que foron estreadas nos teatros Royal e Albéniz e escribiu o sainete Doña María, la curandera.

Formou parte do grupo Troupe ateniense, unha asociación formada en 1922 por un grupo de estudantes universitarios de Dereito, e actuou até 1930. O seu nome refírese ao Club Atenas, un famoso equipo de baloncesto do que algúns dos integrantes do grupo formaban parte. Os espectáculos da Troupe ateniense estaban compostos de breves escenas cómicas e partes musicais, tiñan un carácter paródico, ironizando sobre persoas ou eventos de moda e adoptando o travestismo. Os atenienses tiveron moito éxito en Montevideo e incluso chegaron a actuar triunfalmente en distintas ocasións en Buenos Aires. Pese ao abandono da escena a finais de 1930, o grupo reuniuse en 1931 e 1932 para organizar un «Salón de Harte Ateniense» con evidente intento caricaturesco das correntes artísticas do momento. No segundo salón publicaron un volume de poesía, Aliverti liquida, que se considera un dos libros verbovisuais máis destacados das vangardas latinoamericanas.

Escribiu as letras dos tangos Garufa, Niño bien, Adiós, mi barrio e Maula. Tamén foi autor de letras de folclore, murga e outros xéneros musicais. Publicou notas periodísticas tituladas Solfas no diario El Plata, baixo o pseudónimo de «Wick».[1]

  1. "Diccionario de seudónimos del Uruguay. Arturo Scarone Ed. C. García & cía., 1942" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de agosto de 2023. Consultado o 26 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]