[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Uys Krige

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaUys Krige
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Província do Cabo, Suráfrica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1987 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Hermanus, Suráfrica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Stellenbosch (pt) Traducir
Paul Roos Gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, xornalista, poeta, tradutor, escritor Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioArnoldus Retief Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
NaiSannie Uys Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAfrica: An Encyclopedic Reference, (vol:2) Editar o valor en Wikidata


Uys Krige (nome cristianizado en Mattheus Uys Krige) nado o 4 de febreiro de 1910 e finado o 10 de agosto de 1987, foi un escritor, poeta, dramaturgo, tradutor, xogador de rugby, e correspondente de guerra surafricano. Na literatura afrikáans, Krige cóntase entre os Dertigers e segundo o seu amigo Jack Cope, unha excepción da súa xeración debido á súa hostilidade cara ao nacionalismo afrikáner extremo, o supremacismo branco e o seu papel na oposición interna ao apartheid.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu en Bontebokskloof, preto de Swellendam, na Provincia do Cabo. Cursou estudos superiores na Universidade de Stellenbosch. Desde 1931 até 1935 viviu en Francia e España, onde aprendeu a falar francés e castelán con fluidez. Durante esta época, Krige xogou tamén nun equipo de rugby de Toulon, no sur de Francia. En Barcelona descubriuse por primeira vez como prosista e en Madrid fixo as primeiras incursións no teatro.

Ao seu regreso a Suráfrica en 1935, comezou a súa carreira de escritor como correspondente do Rand Daily Mail. Traballou en Die Vaderland por un curto período antes de mudarse a Cidade do Cabo a finais de 1936 e ser empregado de Die Suiderstem. Coñeceu a Lydia Lindeque, unha prometedora actriz local, mentres estaba en Johannesburgo, e casaron o 27 de xaneiro de 1937. Krige observou a política internacional con crecente preocupación desde a súa casa.[1]

O tempo de Krige no estranxeiro fixo que coñecese de primeira man a situación europea. De volta a Suráfrica, seguiu ansioso as noticias e discerniu a volátil situación en Europa. Inicialmente, opúxose apaixonadamente á participación de Suráfrica noutra guerra na que morrerían decenas de miles de surafricanos e ademais a poboación tería novos motivos para "agradecer" a Gran Bretaña e o colonialismo.

A guerra civil española alertou a Krige dos perigos que supoñía o fascismo, e simpatizaba moito coa poboación española. Tomou parte na guerra loitando no bando republicano.[2] A través de España, viu que o fascismo podía levar á destrución dos valores occidentais que o futuro da democracia en Europa estaba sendo ameazado. Esta foi unha das súas principais motivacións para, despois de apoiar o bando republicano na guerra civil, involucrarse tamén na segunda guerra mundial.[3]

Mentres en Suráfrica a prensa afrikáans describiu a Franco como un heroe nacionalista, Krige escribiu sobre o conflito sinalando os perigos do fascismo. En 1937, tamén pasou a formar parte dun comité que recadaba cartos para axudar aos nenos españois. A súa primeira filla, María-Eulalia, naceu o día de Nadal dese ano. Os esforzos de Krige por concienciar á poboación surafricana foron atendidos na súa maioría con apatía. Con todo, máis de dous millóns de surafricanos, de todas as clases sociais, participaron na segunda guerra mundial.[4] A radio de propaganda nazi "Zeesan" tamén emitía en afrikáans e a súa oposición ao goberno e á poboación recordou a crueldade británica durante a guerra anglo-bóer. Tamén se deron instrucións sobre como a poboación podía sabotar o esforzo bélico e así axudar a Alemaña.

Durante a segunda guerra mundial, Uys Krige foi correspondente de guerra do exército surafricano en África do Norte. Capturado en 1941, foi enviado a Italia, onde estivo internado durante dous anos nun campo de prisioneiros de guerra, do que escapou en setembro de 1943; fuxido nos montes aínda ocupados polos nazis, foi axudado por campesiños italianos, o que contou en The Way Out. Regresou a Suráfrica en 1946.

Como escritor e poeta, Krige foi extremadamente versátil; a súa obra inclúe novelas, contos, poemas e obras de teatro, tanto en afrikáans como en inglés. En 1968 coeditou con Jack Cope “The Penguin Book of South African Verse”.

Krige traduciu ao afrikáans a maior parte da obra de William Shakespeare. Tamén traduciu do castelán obras de Federico García Lorca, Pablo Neruda e Lope de Vega, e de Baudelaire, François Villon e Paul Éluard do francés.

O seu irmán foi o pintor e debuxante François Krige [5]. As viaxes de ambos a España foron plasmadas no libro de Uys "Sol y Sombra" para o que François realizou provocativas ilustracións.[6]

Todas as publicacións atópanse editadas en afrikáans excepto onde se indica outra cousa.

Coleccións de poemas:

[editar | editar a fonte]
  • Kentering (Cambio), 1935.
  • Rooidag (Día vermello), 1940.
  • Oorlogsgedigte (Poemas de guerra), 1942.
  • Hart sonder hawe (Corazón sen porto), 1949.
  • Ballade van die groot begeer (Balada do gran desexo), 1960.
  • Vooraand (A tarde anterior), 1964.
  • Die palmboom (A palmeira), 1940.
  • (en inglés) The dream and the desert (O soño e o deserto), 1953.

Libros de viaxe e correspondencia de guerra:

[editar | editar a fonte]
  • (en inglés) The way out (O camiño de saída), 1946.
  • Sol y sombra, 1948.
  • Ver in die wêreld (Lonxe do mundo), 1951.
  • Sout van die aarde (O sal da terra), 1961.

Obras de teatro:

[editar | editar a fonte]
  • Magdalena Retief, 1938.
  • Die goue kring (O círculo dourado), 1956.

Obras nun acto:

[editar | editar a fonte]
  • Die wit muur (O muro branco), 1940.
  • Alle paaie gaan na Rome (Todos os camiños levan a Roma), 1949.
  • Die sluipskutter, 1951 (traducida ao inglés polo propio autor como "The sniper" -O francotirador- en 1962).
  1. J.C. Kannemeyer. "Die goue seun. Die lewe en werk van Uys Krige". DBNL (en neerlandés). p. 286-288. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Mattheus Uys Krige ; South African History Online". www.sahistory.org.za. Consultado o 2022-03-13. 
  3. DBNL. "J.C. Kannemeyer, Die goue seun. Die lewe en werk van Uys Krige · dbnl". DBNL (en neerlandés). pp. 286, 288. Consultado o 2022-03-13. 
  4. Jallow, Baba. "Leonard Thompson - A History of South Africa" (en inglés). 
  5. "François Krige". www.artnet.de. Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  6. Schoeman, Chris (2017-05-18). The Historical Overberg: Traces of the Past in South Africa’s Southernmost Region (en inglés). Penguin Random House South Africa. ISBN 978-1-77609-073-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]