[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Universidade Iaguelónica de Cracovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Iaguelónica de Cracovia
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: jagiellonian.university Twitter: JagiellonskiUni BNE: XX4785427 Dialnet: 4155873 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fundación da Academia de Cracovia, pintura alegórica de Jan Matejko. No centro a Raíña Santa Heduvixes de Polonia, á súa esquerda o seu esposo, Ladislau II de Polonia e Lituania e á súa dereita seu tío Casimiro o Grande de Polonia, (morto tempo atrás).
Facha do Collegium Novum, Universidade Iaguelónica, na Zona Vella de Cracovia.
Castelo Przegorzały, (tamén Villa Rotunda), Instituto de Estudos Europeos da Universidade Iaguelónica.

A Universidade Iaguelónica de Cracovia (en polaco: Uniwersytet Jagielloński, UJ) (latín: Universitas Jagellonica Cracoviensis) localízase na cidade polaca de Cracovia, e ocupa a primeira posición da clasificación Times Higher Education Supplement como a mellor universidade de Polonia. Foi fundada en 1364 por Casimiro III o Grande co nome de Academia de Cracovia (Akademia Krakowska), nome que mantivo durante séculos até recibir a denominación actual (Uniwersytet Jagielloński) en 1817, para conmemorar a dinastía dos Iaguelón. Baixo o seu mecenado destacou entre as grandes universidades do renacemento e o humanismo.

Na actualidade (2004), con 41.086 estudantes e 3.407 científicos, é unha das universidades europeas máis importantes. Tamén conta cun Centro de Estudos Galegos baixo a dirección da doutora Maria Filipowicz-Rudek.

Biblioteca

[editar | editar a fonte]

A Biblioteca da Universidade Iaguelónica (Biblioteka Jagiellońska) é unha das maiores do país, con cerca de 5,5 millóns de exemplares. Posúe unha gran colección de manuscritos medievais, por exemplo De Revolutionibus de Copérnico ou Codex de Balthasar Behem.

Tamén reúne a literatura prohibida (chamada drugi obieg ou samizdat) do período do goberno comunista (1945-1989).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]