USA Perpignan
Nome | Perpignanais | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1902 | ||
Sede | Perpiñán, Francia | ||
Estadio(s) | Stade Aimé Giral | ||
Capacidade | 14.593 espectadores espectadores | ||
Presidente | Daniel Besson | ||
Adestrador | Marc Delpoux Giampiero De Carli Patrick Arlettaz | ||
Liga(s) | Top 14 | ||
2011-12 | 11º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.usap.fr/ | |||
A Union Sportive des Arlequins Perpignanais (en francés) ou Unió Esportiva Arlequins de Perpinyà (en catalán), comunmente denominada como USAP en ambas linguas, é un equipo franco-catalán de rugby da cidade de Perpiñán, na comarca dos Pireneos Orientais. Na actualidade compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés.
Historia
[editar | editar a fonte]Os comezos
[editar | editar a fonte]O rugby chegou a Perpiñán en 1889, baixo o nome de Union Sportive du Lycée. O primeiro club civil, o Stade Roussillonnais foi fundado pouco despois, mais desaparece en 1902 para deixar paso aos que serían o comezo da USAP, ’Association Sportive Perpignanaise (ASP). Este equipo xogará coas cores vermello e ouro, cores da bandeira de Cataluña. En 1909, a ASP absorbe ao Perpignan Sportif, un club que foi fundado uns anos antes. En 1911, chega o primeiro título nacional, o da segunda división contra o equipo de Dole. Un ano despois prodúcese unha escisión dentro do club, así se crea o Stade Olympique Perpignanais (SOP). Este contratempo non impide á ASP facer boas tempadas na liga francesa de rugby, cunha semifinal en 1913 e sobre todo un título ao ano seguinte contra o Tarbes. A transformación que deu a vitoria ao equipo de Perpiñán a poucos instantes do final do partido xorede dun xove de 18 anos, chamado Aimé Giral, que morrerá na fronte durante a primeira guerra mundial, uns meses despois do falecemento, o club a xeito de homenaxe dálle o seu nome ao seu estadio, e se mantén na actualidade.
Por outro lado, o SOP, proclamouse campión de Francia na segunda división en 1913 (contra a AS Française 14-8).
A primeira idade de Ouro
[editar | editar a fonte]A guerra interrompeu o desenvolvemento do club. En 1919, os dous clubs da cidade fusionáronse creando así a Union Sportive Perpignanaise (USP). O novo club adopta, as cores azul celeste para a camisola, o branco para os pantalóns e o vermello e amarelo nas medias. O motivo deste troco foi coma unha homenaxe aos xogadores mortos do club durante a guerra de 1914-1918, adoptando a cor azul dos uniformes franceses na guerra.
Iníciase unha época de éxito para o club de Perpiñán, que se consolidará como un dos máis importantes do campionato francés. O seu mellor ano foi 1921: os catro equipos que foron campións eran do Languedoc e os equipos I e II foron campións de Francia. Gañou o seu segundo campionato absoluto de Francia ante o Stade Toulousain en Béziers.
A USP disputou tres finais consecutivas (1924, 1925 e 1926), gañando a segunda contra a AS Carcassonne, e perdendo as outras dúas contra o seu grande rival occitano, o Stade Toulousain que durante aquela época, con 3 títulos era o dominador do rugby francés.
Durante aqueles anos, existía un segundo club de rugby en Perpiñán, o Club des Arlequins Perpignanais. O seu nome débese a que o club era moi pobre nos seus inicios, e decotío os xogadores, propietarios das súas camisolas, non as podían substituír cando estaban rotas e as arranxaban con anacos de tecido que non sempre eran da cor desexada, e de aí un parecido co vestido dun arlequín.
Da fusión USP-Arlequins ao penúltimo título
[editar | editar a fonte]O 5 de maio de 1933, os dirixentes dos dous clubs deciden fusionarse. É así como nace a Union Sportive Arlequins Perpignan. En 1940, o nome é modificado, denominándose Union des Sports Athlétiques Perpignanais.
A USAP, que sería como se denominaría e se coñece na actualidade, disputa dúas novas finais, unha que perdeu en 1935, e outra que en cambio si gañou en 1938, estas dúas finais foron contra Biarritz. Un quinto título conclúe a etapa dourada da USAP, unha liga gañada contra o Bayona en 1944.
Porén, o Rosellón foi un lugar elixido para disputar partidos de rugby XIII, dende o final da Guerra. Este deporte, prohibido polo Réxime de Vichy, renaceu e atraeu ao cadro de xogadores da USAP. Dez campións de Francia de 1944 pasaron así a ser profesionais do rugby XIII.
A pesar de todo, a USAP reconstrúese e chega dúas veces máis ás finais. En 1952 foi derrotada polo FC Lourdes, que comezaba o seu período de dominación do rugby francés. Na segunda final, disputada en 1955 obtén o sexto título de liga, e terían que pasar 54 anos para que os seareiros da USAP disfruten do campionato de liga.
A época contemporánea
[editar | editar a fonte]Salvando unha final perdida durante o ano 1977 contra a AS Béziers, a USAP convértese nun clásico do Top 14. Non desenvolve ningún papel importante. O último grande título do club será unha Challenge Yves du Manoir en 1994. A partir de 1997, o club volve aos postos importantes do rugby francés, mais sen chegar a impoñerse. En 1998 disputa unha nova final. É a primeira final que se disputa no Stade de France, a USAP foi vestida para a ocasión co amarelo e vermello, mais perdeu contra o Stade Français París. Logo no ano 2000, baixo a dirección de Olivier Saïsset, antigo adestrador e xogador da AS Béziers (o grande rival occitano de proximidade), o club chega sistematicamente ás fases finais do campionato. Disputa unha nova final, perdida en 2004 unha vez máis, contra o Stade Français París.
O USAP disputa regularmente a Heineken Cup. Logo dunha experiencia na tempada 1998-99, o club participa sistematicamente dende o ano 2001, a destacar a final perdida no 2003 contra o Stade Toulousain.
Saïsset marcha do club logo da derrota na final do campionato de 2004, e é substituído por Philippe Boher e Philippe Ducousso, que levan á USAP ata a semifinal do campionato contra Biarritz na tempada 2005-06 (perdendo por 9 a 12). En maio de 2006, Ducousso cede a súa praza a Franck Azéma.
En 2002 a USAP firmou un convenio de colaboración co Barcelona Universitari Club (BUC), a partir do cal o equipo de Barcelona pasouse a denominar USAP-Barcelona, este club estivo 2 tempadas en División de Honra, e na actualidade o club encóntrase en División de Honra B.
O 6 de xuño de 2009, no Stade de France de París, a USAP volveu a alzar o escudo de Brennus logo de gañar a súa sétima liga, desta vez contra a ASM Clermont Auvergne, por 22 a 13. Nun estadio cheo e miles de seareiros cataláns nas bancadas, o equipo de Jacques Brunel rompeu a seca de títulos do club, cunha magnífica segunda parte. A USAP, que quedara primeira durante a fase regular, xogaba a súa 15a final da liga nos máis de cen anos de historia que ten, das cales só gañara seis.
Na tempada seguinte, a 2009-10, o equipo volveu a acadar a final, novamente contra a ASM Clermont Auvergne, que desta vez foi o gañador.
Catalanismo
[editar | editar a fonte]O catalanismo da USAP queda patente na simboloxía, cancións, peñas etc do club. Mantén unha forte relación co Fútbol Club Barcelona, con TV3 -patrocinador-, e ten un equipo filial en Barcelona (BUC-USAP-Barcelona), xogando na División de Honra B de rugby. A canción máis popular entre os seus seareiros é L'Estaca, de Lluís Llach, cantada a modo de himno.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Campión de Francia : 1914, 1921, 1925, 1938, 1944, 1955 e 2009
- 1 Copa de Francia (Challenge Yves du Manoir)(3) : 1935, 1955, 1994
- 1 Challenge Antoine Béguère : 1988
- 1 Challenge Paul Roca : 1953
Tempada actual
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | PF | PC | BO | BD | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | ASM Clermont | 91 | 26 | 19 | 1 | 6 | 779 | 418 | 8 | 5 | |||||
2º | RC Toulon | 90 | 26 | 18 | 1 | 7 | 779 | 456 | 11 | 5 | |||||
3º | Stade Toulousain | 79 | 26 | 17 | 0 | 9 | 702 | 501 | 7 | 4 | |||||
4º | Castres Olympique | 74 | 26 | 15 | 2 | 9 | 599 | 489 | 4 | 6 | |||||
5º | Montpellier Hérault | 73 | 26 | 16 | 0 | 10 | 570 | 520 | 5 | 4 | |||||
6º | Racing Métro 92 | 73 | 26 | 16 | 0 | 10 | 512 | 431 | 2 | 7 | |||||
7º | USA Perpignan | 61 | 26 | 13 | 0 | 13 | 593 | 607 | 2 | 7 | |||||
8º | Aviron Bayonnais | 57 | 26 | 12 | 1 | 13 | 467 | 609 | 1 | 6 | |||||
9º | Biarritz Olympique | 57 | 26 | 12 | 1 | 13 | 505 | 540 | 2 | 5 | |||||
10º | Stade Français | 54 | 26 | 12 | 1 | 13 | 578 | 691 | 2 | 2 | |||||
11º | FC Grenoble | 54 | 26 | 12 | 0 | 14 | 480 | 606 | 1 | 5 | |||||
12º | Union Bordeaux Bègles | 47 | 26 | 8 | 1 | 17 | 561 | 584 | 4 | 9 | |||||
13º | SU Agen | 31 | 26 | 6 | 0 | 20 | 423 | 709 | 0 | 7 | |||||
14º | Stade Montois | 16 | 26 | 2 | 0 | 24 | 374 | 761 | 1 | 7 | |||||
Cada encontro gañado (Gañ.) supón 4 puntos para a clasificación, e cada empate (Emp.) outros 2. Os puntos bonus ofensivos (BO) acádanse cada vez que un equipo anota 3 ensaios ou máis nun encontro, mentres que os puntos bonus defensivos (BD) acádanse cando o equipo perde un encontro por 7 puntos de diferenza ou menos. Estes puntos bonus engádense ós acadados polas vitorias ou empates.
<<<< 2011/12 — Tempadas — 2013/14 >>>> En azul as posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º). |