[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Treboniano Galo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTreboniano Galo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gaius Vibius Trebonianus Gallus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento206 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Perugia, Italia Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 253 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Terni, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
xuño de 251 – agosto de 253
← Decio, Herênio Etrusco (pt) TraducirEmiliano →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAfínia Gemina Bibiana Editar o valor en Wikidata
FillosVibia Galla, Volusiano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Estatua de bronce de Treboniano Galo

Treboniano Galo naceu en Termi (Umbría), descendente dunha familia etrusca, no ano 206. Foi emperador romano baixo o nome de Caius Vibius Trebonianus Gallus entre os anos 251 e 253.

A súa elección

[editar | editar a fonte]

Treboniano Galo foi un leal seguidor do Emperador Decio, a pesar de que á morte deste, algúns historiadores acúsano de levar as tropas do emperador a unha emboscada a unha zona pantanosa, onde morreu el e o seu fillo, pero o certo é que pola súa conduta con respecto ao fillo do emperador parece que non é doado manter esa acusación.

Treboniano Galo no anverso dunha moeda da súa época (antoniniano)

A morte do emperador Decio, levou as tropas a elixilo como o candidato a púrpura. Aceptando, tratou de conseguir a paz dun xeito ignominioso para as armas romanas, xa que aceptou que os godos quedasen con todo o botín, incluíndo os cativos da guerra, se se retiraban das terras e aceptou tamén o pago dunha cantidade de ouro cada ano. Este tratado non o fixo moi popular entre o pobo romano nin diante das tropas e abriu as portas para novas invasións bárbaras.

Unha vez conseguido o Tratado volveu rapidamente a Roma onde moraba o fillo vivo de Decio, quen fora nomeado césar polo seu pai e polo tanto estaba unido ao trono imperial.

Treboniano Galo acepta gobernar conxuntamente con Hostiliano Mesio Quinto e incluso lle renovou o poder de augustus. Tamén nomeou césar ao seu fillo Caio Vibio Volusiano, quen máis tarde chegaría a ser emperador.

Nese mesmo ano do 251 estala unha terrible peste, unha das que de cando en vez asolaba o imperio. Vítima desta peste morre o xove emperador Hostiliano e moitos romanos bótanlle a culpa desta morte, aínda que sen motivo ningún.

No 253 de novo os godos atacan o imperio pero o gobernador da provincia de Mesia (ou Moesia) Emiliano derrótaos e este é proclamado emperador polas lexións.

Treboniano Galo convoca a Valeriano, que era comandante das forzas do Rin, e xunto co seu fillo Volusiano parte de Roma. Pero antes de que consiga xuntarse con Valeriano atópase con Emiliano, sendo derrotado por este. Deuse á fuga, tanto Galo como Volusiano, pero son asasinados polos seus propios soldados.

Emiliano queda entón como único emperador a finais do 253.

Imperio Romano

Segue a:
Decio
Treboniano Galo
Precede a:
Emiliano
Crise do Século III