Travel Service
Travel Service | ||
---|---|---|
IATA QS | OACI TVS | Indicativo SKYTRAVEL |
Fundación | 1998 | |
Aeroporto principal | Aeroporto de Praga | |
Subsidiarias | Travel Service Polska Travel Service Slovakia Travel Service Hungary SmartWings Czech Airlines | |
Frota | 32 | |
Destinos | 92 | |
Páxina web: https://www.travelservice.aero/ |
Travel Service, a.s. é unha aeroliña chárter checa. É a aeroliña máis grande da República Checa e ten a súa sede no aeroporto de Praga.[1] Opera voos chártes principalmente cara a destinos de vacacións, e tamén aluga avións a outras aeroliñas, tanto con tripulación como sen ela.Tamén opera voos regulares baixo a marca SmartWings.[2] A compañía ten subsudiarias en Polonia, Hungría e Eslovaquia.
Historia
[editar | editar a fonte]Travel Service fundouse no ano 1998. O 18 de setembro de 2007 o Icelandair Group mercou o 50% das súas accións e en abril de 2008 tiña o 80% da compañía.[3] No mes de decembro reducíu a súa participación a un 66% vendendo accións a Unimex.[4] Durante o ano 2009 Icelandair iría desfacéndose do resto das súas accións en Travel Service.
O grupo de investidores chinés CEFC China Energy mantén un 49,9% das accións de Travel Service.[5]
No ano 2017 Travel Service mercou o 44% das accións que Korean Air tiña de CSA Czech Airlines, sumando así o 98% das súas accións. En outubro dese ano anunciouse que Travel Service planeaba cambiar a súa marca dunha aeroliña a un conglomerado, movendo todas as súas operacións á marca SmartWings.[6]
Frota
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2018 a frota de Travel Service estaba formada polos seguintes avións (esta lista tamén inclúe todos os avións coa librea de SmartWings, xa que todos eles están operados por Travel Service):[7][8]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Boeing 737-700 | 2 | — | – | 148 | 148 | Both in SmartWings livery |
Boeing 737-800 | 26 | 3 | 18 | 150 | 168 | 17 coa librea de SmartWings Un coa librea da Rexión de Moravia-Silesia |
– | 189 | 189 | ||||
Boeing 737-900ER | 2 | — | – | 212 | 212 | |
Boeing 737 MAX 8 | 1 | 38[9] | – | 189 | 189[9] | Con librea de SmartWings Entregas 2018–2021 |
Total | 32 | 41 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Travel Service (ed.). "Contact us". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ SmartWings (ed.). "Contact". Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ Flight Global (ed.). "Icelandair strikes again". Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ Air Transport World (ed.). "Icelandair Group signs LOI to acquire Czech airline operator Travel Service". Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ China Travelnews (ed.). "Chinese-backed firm Travel Service to take over Czech Airlines". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Czech Airlines has new owner as Travel Service ups stake". Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ CAA (ed.). "Vyhledávání v leteckém rejstříku". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ Travel Service (ed.). "Fleet". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 Idnes (ed.). "Travel Service nakoupí další stroje, budou mít internet". Consultado o 30 de marzo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da aeroliña Arquivado 30 de marzo de 2018 en Wayback Machine.