Transmutación nuclear
A transmutación nuclear é a conversión dun elemento químico ou dun isótopo noutro elemento químico.[1] Xa que tódolos elementos e isótopos dun elemento están definidos polo número de protóns e neutróns presentes nos seus átomos, a transmutación nuclear sucede en calquera proceso no que se modifica o número de protóns ou neutróns do núcleo atómico. A transmutación pode conseguirse ben por medio de reaccións nucleares, nas que unha partícula externa reacciona co núcleo, ou por decaemento radioactivo sen precisar unha causa externa.
A transmutación nuclear por nucleosíntese estelar no pasado creou a maioría dos elementos químicos máis pesados do Universo coñecido e continua tendo lugar, creando a maioría dos elementos máis comúns como o helio, osíxeno ou o carbono. A maioría de estrelas realizan a transmutación por medio de reaccións de fusión con hidróxeno e helio, mentres que as estrelas máis grandes tamén podend fusionar elementos máis pesados nas fases tardías da súa evolución.
A transmutación artificial pode darse utilizando máquinas que teñan a enerxía suficiente para provocar cambios na estrutura nuclear dos elementos, como poden ser aceleradores de partículas ou reactores tokamak. Os reactores de fisión convencionais tamén provocan transmutacións artificiais ó expoñer elementos a neutróns producidos pola fisión dunha reacción nuclear en cadea artificial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IAEA INIS". inis.iaea.org. IAEA. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Y. Gohar (2001). Transmutation of Transuranic Elements and Long Lived Fission Products in Fusion Devices (PDF) (Informe) (en inglés). Argonne National Laboratory. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2017.
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |