[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tirteo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTirteo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII a. C. Editar o valor en Wikidata
Esparta, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morteséculo VII a. C. Editar o valor en Wikidata
Esparta, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, poeta elexíaco Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1338509

Tirteo (Τυρταίος) de Esparta, (século -VII) foi un poeta grego que escribiu en dialecto xónico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Floreceu na segunda metade do século -VII. Dubídase de se era espartano de orixe ou de adopción, xa que se cre que naceu na Asia Menor, en Mileto, e tívose polo poeta nacional de Esparta. Combateu durante a segunda Guerra Mesenia (c. 650 a.C.). Compuxo en dialecto xónico-homérico rico en dorismos cinco libros de elexías que, como as de Calino, presentan contido e forma moi determinados pola épica. Segundo os alexandrinos, comprendían Eunomia ("Bo goberno"), unha longa elexía que exalta a constitución espartana e exhorta aos cidadáns á concordia e a mantela íntegra para o ben común: Embateria, cantos marciais en anapestos; Hypotekai, exhortacións á loita e ao valor segundo a virtude dórica; Politeia (Constitución), un eloxio dos valores civís e relixiosos da constitución de Licurgo. De todas estas obras quedan só fragmentos bastante amplos, un total de 230 versos, nos cales podemos ler o eloxio da morte en batalla pola patria, a descrición do combatente valoroso e a exaltación da constitución espartana.

As elexías de Tirteo, de gran elevación e ton firme e severo, caracterizaban o eloxio do valor guerreiro e a vigorosa afirmación do ideal moral da patria espartana e das celebracións da morte por ela. A diferenza de Homero, que exalta o valor individual, Tirteo fala do valor colectivo; a cidade impón aos seus cidadáns obediencia e sacrificio civil por ben da patria. O heroísmo que propón non se funda en xestas persoais, senón en accións disciplinadas das tropas, accións requiridas pola nova táctica hoplítica. Por estes motivos os seus cantos de guerra ou peáns tiveron gran fortuna en toda Grecia e foron cantados nas escolas e nos campamentos. Non hai, en verdade, grandes dons poéticos, pero os seus versos elementais suscitan sentimentos de virtude, usáronse tamén para alimentar o patriotismo na batalla e o sacrificio pola patria. "Para un valente é fermoso caer morto na primeira liña da loita".

Os espartanos, acatando o oráculo, acudiron aos atenienses para que os provisen dun xeneral que os dirixise en batalla contra os mesenios, quen como burla lles enviaron a Tirteo, mestre de escola, nacido en Aphidne, Ática, coxo e vesgo, recibido entón con desprezo. Pronto Tirteo cos seus bos consellos gañouse o favor dos espartanos, quen ao cabo grazas ás súas elexías e arengas guerreiras o converteron en heroe, logo de promover o vigor e a firmeza, virtudes espartanas, falándolles da deshonra da fuxida e o deshonor da ferida por detrás, complementos dos honores da morte e os loureiros do triunfo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]