The Fault in Our Stars (filme)
The Fault in Our Stars | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Fault in Our Stars |
Director | Josh Boone |
Produtor | Wyck Godfrey Marty Bowen |
Guión | Scott Neustadter Michael H. Weber |
Baseado en | The Fault in Our Stars de John Green |
Intérpretes | Shailene Woodley Ansel Elgort Nat Wolff Laura Dern Sam Trammell Willem Dafoe |
Música | Mike Mogis Nate Walcott |
Fotografía | Ben Richardson |
Montaxe | Robb Sullivan |
Estudio | Temple Hill Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Festival internacional de Seattle: 16 de maio de 2014 |
Duración | 125 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romance, drama |
Orzamento | $12 000 000[1] |
Recadación | $299 105 716[2] |
Na rede | |
|
The Fault in Our Stars é un filme estadounidense dirixido por Josh Boone, que se estreou no 2014. Baséase na novela homónima de John Green. Está protagonizado por Shailene Woodley, Ansel Elgort e Nat Wolff, xunto con Laura Dern, Sam Trammell Willem Dafoe nos papeis secundarios. Woodley interpreta a Hazel Grace Lancaster, unha adolescente de dezaseis anos con cancro que é obrigada polos seus pais a asistir a programas de axuda en grupo. Alí coñecerá e namorarase de Augustus Waters, interpretado por Elgort.
A creación de The Fault in Our Stars comezou en xaneiro de 2012, cando Fox 2000, unha división de 20th Century Fox, se fixo cos dereitos para adaptar a novela. A rodaxe principal comezou o 26 de agosto de 2013 en Pittsburgh, cuns días adicionais en Ámsterdam, e concluíu o 16 de outubro de 2013.
The Fault in Our Stars foi estreado o 6 de xuño de 2014 nos Estados Unidos. Recibiu unha boa acollida da crítica, que eloxiou a interpretación de Woodley, así como o filme completo. Tamén foi un éxito comercial, sendo o número un en recadación na semana da súa estrea, e conseguindo $299 millóns en todo o mundo, partindo dun presuposto de $12. Foi estreado en Blu-Ray e DVD o 16 de setembro de 2014.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Malia que un milagre médico conseguiu reducir o seu tumor e darlle uns anos máis de vida, a adolescente Hazel (Shailene Woodley) sempre se considerou unha enferma terminal. Porén, cando Gus (Ansel Elgort) entra a formar parte do grupo de axuda para enfermos de cancro xuvenil, a vida de Hazel cambia de súpeto.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Shailene Woodley como Hazel Grace Lancaster
- Lily Kenna como Hazel Grace Lancaster de nena[3]
- Ansel Elgort como Augustus Waters
- Nat Wolff como Isaac
- Laura Dern como Frannie Lancaster
- Sam Trammell como Michael Lancaster
- Willem Dafoe como Peter van Houten
- Lotte Verbeek como Lidewij Vliegenthart
- Mike Birbiglia como Patrick
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "The Fault In Our Stars (2014)". Box Office Mojo. IMDB. Consultado o 16 de setembro de 2014.
- ↑ Sperling, Nicole (15 de febreiro de 2014). "As 'The Fault in Our Stars' is filmed, John Green turns astrologer". latimes.com. Consultado o 29 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Fault in Our Stars na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2014
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Josh Boone
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de TSG Entertainment
- Filmes de Temple Hill Entertainment
- Filmes rodados en Ámsterdam
- Filmes rodados en Pensilvania
- Filmes ambientados en Indiana
- Filmes sobre cancro
- Filmes sobre Anne Frank