Terra Nova
- Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
Ktaqmkuk (mic) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Provincia | Terra Nova e Labrador | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 479.538 (2016) (4,41 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | inglés de Terra Nova francés de Terra Nova lingua irlandesa de Terra Nova | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 108.860 km² | ||||
Bañado por | Golfo de San Lourenzo | ||||
Altitude | 814 m | ||||
Punto máis alto | The Cabox (814 m) | ||||
Moeda | Dólar canadense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Terra Nova[1][2][3] (en inglés: Newfoundland; en francés: Terre-Neuve; en irlandés: Talamh an Éisc; latín: Terra Nova) é unha grande illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.
Terra Nova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.
Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental do Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terranovense.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 122. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.