[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Termistor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Termistor do tipo NTC.

Un termistor é un semicondutor sensíbel á temperatura. Existen basicamente dous tipos de termistores:

  • NTC (do inglés Negative Temperature Coefficient) - termistores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é negativo: a resistencia diminúe co aumento da temperatura.
  • PTC (do inglés Positive Temperature Coefficient) - termistores cuxo coeficiente de variación de resistencia coa temperatura é positivo: a resistencia aumenta co aumento da temperatura.

Conforme a curva característica do termistor, o seu valor de resistencia pode diminuír ou aumentar en maior ou menor grao nunha determinada franxa de temperatura.

Así algúns poden servir de protección contra o sobrequecemento, limitando a corrente eléctrica cando determinada temperatura é superada. Outra aplicación corrente, neste caso a nivel industrial, é a medición de temperatura (en motores por exemplo), pois podemos co termistor obter unha variación dunha grandeza eléctrica en función da temperatura á que este se encontra.