[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Templo de Luxor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Templo de Luxor
Entrada ao templo de Luxor
Presentación
LocalizaciónLuxor (Exipto)
Coordenadas
EstiloArquitectura exipcia
TipoTemplo exipcio
Construción
Inicio1400 a.C.
Templo de Luxor: mesquita Abul Hagague

O Templo de Luxor (en árabe: معبد الاقصر), iniciado na épcoa de Amenofis III e aumentado máis tarde por Ramsés II, sendo concluído só no período musulmán, é o único monumento do mundo que contén en si mesmo documentos das épocas faraónicas, greco-romana, copta e islámico, con nichos e frescos coptos e ata unha mesquita (Abul Hagague).[1]

Estaba dedicado ao deus Amón, mais non só, tamén ás divindades Mut (esposa de Amón) e Khonsu. As súas dimensións son menores do que as do Templo de Karnak, e ambos están dedicados ao mesmo deus. O seu nome antigo era Ipep-resit, traducido como "Harén do Sur", referíndose ás festas que unha vez ao ano tiñan lugar aló. Durante estas festas transportábanse as estatuas de Amón, Mut e Khonsu de Karnak a Luxor. Arredor do século II, o templo foi ocupado polos romanos, mais foi sendo abandonado gradualmente. Foi cuberto polas areas do deserto, ata que en 1881 o arqueólogo Gaston Maspero o redescubriu, que se atopaba moi ben conservado. Para iniciar a escavación, a vila que non obstante medrara preto do templo tivo que ser retirada, só permanecendo unha mesquita, construída polos árabes no século XIII.[1]

Construción

[editar | editar a fonte]

O Templo de Luxor foi construído con arenita proveniente da rexión de Gebel el-Silsila, no suroeste de Exipto, chamado arenita nubia. Este tipo de rocha empregouse para a construción de monumentos no alto Exipto, ben como na restauración de tales obras.[2]

Da mesma forma que outras estruturas exipcias, a técnica empregada foi o simbolismo ou ilusionismo. Exemplo, para o exipcio, un santuario en forma de Anubis era o propio Anubis. No templo, os dous obeliscos[notas 1] que ladeaban a entrada, non tiñan a mesma altura, mais creaban a ilusión de que si. Debido á demora da construción, usando o ilusionismo, as distancias relativas foron aumentadas facendo que, na parede detrás deles, parecesen do mesmo tamaño. Simbolicamente, este é un efecto empregado para salientar a altura da parede, realzando o camiño ata ela.[3]

Importancia cultural

[editar | editar a fonte]

O templo tiña gran significado para o Festival de Opet. A obra foi dedicada á Tríade Tebana e ao culto de Ka, Amón, Mut e Khonsu e foi construído durante o Imperio Novo, período en que se celebraba o festival anual de Opet. Durante este período, unha estatua de Amón se levou polo río Nilo ata o templo veciño de Karnak para ficar alá xuntamente con outra de Mut, nunha celebración da fertilidade. No entanto, outros estudos desenvolveron novas interpretacións sobre Luxor e o festival anual, apuntando que a construción estaba, en realidade, dedicada ao gobernante exipcio divino, Ka.[4]

Santuario

[editar | editar a fonte]

Foron construídos seis santuarios para barcas ao longo do camiño entre os templos de Luxor e Karnak que servían como puntos de parada para as embarcacións que levaban os deuses durante as procesións do festival. Ese camiño tamén estaba decorado con esfinxes coa cabeza de Nectanebo I.[notas 2] Cada estación estaba preparada cun simbolismo específico. Por exemplo, a cuarta era a estación de Kamare, que arrefriaba os remos de Amón. A quinta estación representaba a beleza do deus e a sexta era un santuario para el, destacándoo como o Señor dos Camiños.[5]

Vandalismo

[editar | editar a fonte]

En 2013, un estudante chinés colgou unha foto dun graffiti nunha das esculturas do templo que dicía "丁锦昊 到此 一 游" ("Ding Jinhao estivo aquí­"). Ese feito estimulou o debate sobre os impactos do aumento do turismo despois que os medios descubrisen outros danos causados por turistas. O graffiti foi parcialmente removido.[6]

  1. O menor, orixinalmente no oeste, está agora na Praza da Concordia, en París.
  2. É probábel que, no passado, diferentes cabezas fosen utilizadas nestas esfinxes.
Referencia
  1. 1,0 1,1 Guia Conheça a História: Egito. São Paulo. 
  2. Fitzner, Bernd; Heinrichs, Kurt; Bouchardiere, Dennis La (2003). "Weathering damage on Pharaonic sandstone monuments in Luxor-Egypt". Building and Environment 38: 1089. 
  3. Badawy, Alexander (1969). "Illusionism in Egyptian Architecture". Studies in the Ancient Oriental Civilization 35: 23. 
  4. Bell, Lanny (1985). "Luxor Temple and the Cult of the Royal Ka". Journal of Near Eastern Studies 44 (4): 251. 
  5. Nims, Charles (1955). "Places about Thebes". Journal of Near Eastern Studies 14 (2): 114. 
  6. Wong, Hiufu (27 de maio de 2013). "Netizen outrage after Chinese tourist defaces Egyptian temple" (en inglés).