[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Teleférico de Montjuïc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O antigo teleférico.
Teleférico de Montjuïc renovado.

O teleférico de Montjuïc é un teleférico que dá acceso á montaña barcelonesa de Montjuïc desde a saia oriental. A pesar do seu nome, non é propiamente un teleférico, senón un telecabina. O día 16 de maio do 2007 reabriuse logo da súa remodelación. Na actualidade está xestionado pola empresa TMB.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O teleférico dispón de tres estacións: Parc de Montjuïc (con correspondencia co Funicular de Montjuïc), Mirador (só con parada sentido Castell > Parc) e Castell.

Teleférico de Montjuïc
Parc de Montjuïc
Mirador
Castell

Desde o teleférico pódese ver toda Barcelona e varios dos seus lugares máis representativos, como: a Plaça de Catalunya, a Catedral de Barcelona, a Sagrada Familia, os cruceiros atracados no Porto de Barcelona, a Vila Olímpica de Barcelona, a Torre Agbar ou a zona do Fórum.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]