[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Texcoco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTexcoco
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 19°30′N 98°53′O / 19.5, -98.88
EstadoMéxico
Estado federadoEstado de México Editar o valor en Wikidata
CapitalTexcoco Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie435,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.257 m Editar o valor en Wikidata

Sitio webtexcoco.gob.mx Editar o valor en Wikidata

Texcoco é un concello do Estado de México. Esta municipalidade está situada na rexión oriente do Estado de México, moi próxima á Cidade de México. Está a unha altitude aproximada de 2.250 metros sobre o nivel do mar.[1] En 2010 Texcoco tiña unha poboación de 235 151 habitantes.[1][2]

O seu nome deriva do náhuatl e a definición máis aceptada é "Nas jarillas dos riscos".[1]

As actividades económicas fundamentais son o comercio, os téxtiles e actividades agropecuarias nos arredores.

A cidade aínda conserva o estilo colonial destacando os edificios relixiosos do século XVI. Dentro da propia cidade pódense encontrar vestixios da época precolombiana.

Texcoco fundouse no século XII como estado náhuatl independente e pertencente á tripla alianza Tenochtitlan - Tlacopan - Texcoco. Constituíuse como a segunda cidade máis importante do Imperio Azteca correspondendo até dúas quintas partes dos impostos recadados polo imperio. No seu momento foi recoñecida como centro cultural e contou cun importante acervo de documentos de toda índole, desde poesía até astronomía, así como varios pertencentes a culturas de Mesoamérica máis antigas.

O Rei Netzahualcóyotl (1402-1471) foi un destacado poeta, filósofo e mecenas das artes. Entre os seus múltiplos logros podemos salientar xardíns botánicos e un zoolóxico, que contaban con espécimes traídas de todos os recantos do imperio. As ruínas do que foron centros de lecer para a nobreza como os coñecidos Baños de Netzahualcóyotl aínda se poden visitar. O seu fillo Netzahualpilli (1465-1516) continuou a tradición de promover a arte e a cultura en xeral.

En 1520 as tropas de Hernán Cortés ocuparon a cidade e asasinaron o último rei independente de Texcoco, Cacamatzin. A partir de entón Hernán Cortés fixo de Texcoco a súa base de operacións e plataforma para a posterior Conquista de México.

De 1827 a 1830 Texcoco foi capital do Estado de México.

O nome oficial de Texcoco é Texcoco de Mora en honra a un destacado lexislador.

Algúns sitios de interese da zona son, entre outros, as ruínas do outeiro dos melóns, os baños de Nezahualcóyotl, a casa da cultura e os murais de Diego Rivera na Universidade Autónoma Chapingo.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]
Alcalde Período[1]
Horacio Duarte Olivares 2000-2003
Higinio Martínez Miranda 2003-2006
Constanzo De La Vega Membrillo 2006-2009
Amado Acosta García 2009-2012
Delfina Gómez Álvarez 2012-2015
Higinio Martínez Miranda 2015-2018
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Monografia municipal de Texcoco Arquivado 26 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
  2. Concello de Texcoco Arquivado 28 de outubro de 2020 en Wayback Machine., SEDESOL, 29 de novembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]