[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Teucro (rei)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teucro ou Teucer (grego antigo Τεῦκρος, Teũkros) foi o primeiro rei mítico da Tróade. Era fillo do deus-río Escamandro e da ninfa Ida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo Pseudo-Apolodoro, reinou na Tróade antes da fundación de Troia. Considérase a Teucro como o pai do pobo troiano e, de feito, na Ilíada o poeta Homero designa ós troianos como "teucros". Na Eneida de Virxilio, Anquises (descendente de Teucro) di que foi un guerreiro de orixe cretense que se instalou en Frixia.

A súa reputación de home sabio chegou ata os oídos de Escamandro, rei de Troia. Escamandro convenceu a Teucro para que casase coa súa filla, herdando así o trono de Troia. Acolleu na súa corte a Dárdano, que fuxira a Samotracia trala morte do seu irmán Iasión. Deulle á súa filla Batía como esposa e unha parte do seu reino.