[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Taguspark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taguspark
Tipoparque empresarial
EnPorto Salvo
PaísPortugal
38°44′15″N 9°18′14″O / 38.737477, -9.303814
editar datos en Wikidata ]

O Taguspark é un Parque Tecnolóxico-Científico na freguesía de Oeiras, subrexión Grande Lisboa en Portugal.

O nome Taguspark provén do nome en latín do río Texo (Tagus) xunto co termo inglés park (parque). Foi o primeiro parque tecnolóxico a nacer en Portugal, no ano de 1992.

En 2013 inaugurouse a primeira fase da Praça Central, coa instalación da empresa farmacéutica Novartis. Nese mesmo ano tamén se inaugurou unha residencia de estudantes anexa ao Instituto Superior Técnico con capacidade para aloxar a 82 estudantes[1].

Desde 2021 publicítase como 'Taguspark, Cidade do Conhecimento' para "encarnar unha cidade de traballo multicultural, con forte identidade cívica e artística"[2]. Mantén alianzas coas principais universidades de institucións tales como a Universidade Técnica de Lisboa e a súa facultade -o Instituto Superior Técnico (ITS) da antiga Universidade de Lisboa, actualmente Universidade de Lisboa- que mantén instalacións no parque,[3] e a Universidade Aberta.

Localización

[editar | editar a fonte]

Encóntrase na vila de Talaíde, Porto Salvo, no extremo noroeste do concello de Oeiras, fronteiro aos concellos de Sintra e Cascais, na subrexión Grande Lisboa en Portugal.

Actividade

[editar | editar a fonte]

Sobre unha superficie próxima ás 360 hectáreas, 150 delas están ocupadas por varios laboratorios de investigación e desenvolvemento, innovación e incubadoras de empresas en áreas tales como a tecnoloxía da información, telecomunicacións, electrónica, materiais, industria, enerxía, medio ambiente, biotecnoloxía e química.

Dentro dese emprendemento forman parte diversos servizos de apoio, como Centro de Congresos, farmacia, clínicas diversas, restaurantes, oficinas bancarias, ximnasios e un museo de arte urbana[4].

Varias empresas de tecnoloxía teñen a súa sede portuguesa na área do Taguspark. Entre elas están T-Systems[5], Microsoft, Nokia e Siemens,

ISQ Group, Portugal Telecom, Novo Banco, Millennium BCP e MIPS Technologies, que son representados pola súa subsidiaria Chipidea.

Taguspark acolle diariamente un fluxo de 16 mil profesionais que traballan e visitan diariamente o parque[6]. É un dos principais parques tecnolóxicos en Europa.

  1. claudia-correia (2013-07-29). "Inaugurada Residência Prof. Ramôa Ribeiro". www.ulisboa.pt (en portugués). Consultado o 2022-06-06. 
  2. "Páxina oficial ; inicio". TAGUSPARK (en portugués). Consultado o 2022-06-06. 
  3. Lisboa, Técnico. "Campi". Técnico Lisboa (en portugués). Consultado o 2022-06-06. 
  4. "Museu de Arte Urbana". TAGUSPARK (en portugués). Consultado o 2022-06-06. 
  5. "Oeiras ; páxina inicial". www.t-systems.com (en portugués). Consultado o 2022-06-06. 
  6. "Quem somos". TAGUSPARK (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 2022-06-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]