[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tabique nasal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema coas partes do nariz

O tabique nasal é parte da estrutura do nariz humano. Trátase dunha estrutura laminar osteocartilaxinosa situada na parte media da pirámide nasal, de disposición vertical e anteroposterior. Forma a parede interna de ambas as dúas foxas nasais. Consta de lámina perpendicular do etmoides, cartilaxe cuadrangular do tabique nasal, e o vómer.