[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Saski Baskonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tau Cerámica»)
Baskonia
Información xeral
Liga ACB / Euroliga
Fundación 26 de decembro de 1959
Historia CD Vasconia (1959−1976)
CD Basconia (1976−1987)
Cores           Vermello, azul
Presidente España Josean Querejeta
Adestrador España Pablo Laso
Localización
Cidade España Vitoria, España
Pavillón Fernando Buesa Arena
Capacidade 15 504
Inauguración 1991
Campionatos
C. Saporta 1 (1996)
Liga 4 (2002, 2008, 2010, 2020)
Copa 6 (1995, 1999, 2002, 2004, 2006, 2009)
Supercopa 4 (2006, 2007, 2008, 2009)
baskonia.com

O Baskonia S.A.D., é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. O Baskonia compite na Liga ACB española, onde é un dos clubs máis potentes, e na Euroliga. Entre os seus logros destacan catro títulos da Liga ACB, seis Copas do Rei e unha Copa Saporta. O Baskonia xoga os seus encontros como local no Fernando Buesa Arena, un pavillón con capacidade para 15 504 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex xogador Josean Querejeta.

O equipo de baloncesto Saski Baskonia naceu en 1959 como a sección de baloncesto do Club Deportivo Vasconia, presidido por Félix Ullivarriarrazua.Na súa primeira tempada o club foi adestrado por Vicente Elejalde, acabando ese ano no segundo lugar do Campionato Provincial de Áraba. Durante os anos 1960 o Baskonia foi un dos equipos máis puxantes desa categoría, conseguindo finalmente en 1970 a primeira posición no campionato de Terceira División.[1]

A partir da vitoria na Terceira División, o Vasconia consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto nacional. Xa na Primeira División, no seu primeiro encontro da man do adestrador Pepe Laso, conseguen o seu primeiro triunfo tras bater aos galegos do Breogán de Lugo por 92 a 71. En 1977 o presidente José Luis Sánchez Erauskin troca o nome do equipo cambiando o V por un B, pasando a chamarse Basconia-Schweppes. Tres anos despois, en 1981 o equipo descende á "Primeira B", aínda que conseguindo retornar en tan só unha tempada.[1]

Regreso á elite

[editar | editar a fonte]
O Baskonia en 2007.

O regreso á elite do Saski Baskonia coincidiu coa creación da Asociación de Clubs de Baloncesto e a nova e completamente profesional Liga ACB en 1983. Dous anos despois o club consegue o seu primeiro título, a Copa Asociación, un trofeo disputado entre os eliminados na primeira rolda dos play-offs polo título, gañando o Arabatxo Baskonia ao CAI Zaragoza na final por 93 a 85. Esta competición só se disputou ese ano, o que converte o Saski no único campión, con todo a Copa Príncipe de Asturias é considerada a súa sucesora oficial.

Esta vitoria permitiu ao equipo participar por primeira vez en competicións europeas, debutando cun triunfo fronte ao Super Cracks neerlandés e unha posterior derrota fronte ao Villeurbanne. En 1987 comezaría o patrocinio de compañía de cerámica Taulell S.A., que patrocinou ao club cos nomes de Taugré e TAU Cerámica até o ano 2009. O ano seguinte tamén supuxo un cambio importante na estrutura do club, xa que da man do presidente Josean Querejeta, o Taugrés convértese na primeira asociación anónima deportiva do estado, pasándose a denominar oficialmente Saski Baskonia S.A.D.[1]

Converténdose nunha potencia

[editar | editar a fonte]
O Fernando Buesa Arena, fogar do Baskonia dende 1991.

Co comezo da década, a normativa da ACB que obriga a que os pavillóns teñan capacidade para máis de 5.000 espectadores, leva ao club a trasladarse dente o Pavillón de Mendizorroza ao Pavillón Araba. Co troco do estadio os resultados deportivos non tardarían en chegar, en 1991 o Taugrés volve a Europa, acudindo dende ese ano de xeito regular.

O primeiro gran título chegou finalmente en 1995, gañando o Taugrés a Copa do Rei tras vencer na final celebrada en Granada ao Amway Zaragoza por 88 a 80. Pablo Laso do Baskonia foi nomeado MVP. Ao ano seguinte un novo título chegou ás vitrinas dos vitorianos, a Copa Saporta, tras vencer na final por 88 a 81 ao PAOK Tesalónica BC grego. Durante os anos noventa volveu a conseguirse un título, outra Copa do Rei de 1999, esta vez tras gañar ao Caja San Fernando por 70 a 61 en Valencia. O ano 1999 tamén é salientable dentro da historia do club, descantando a ampliación do Buesa Arena até 9.500 espectadores e o debut dos vascos na máxima competición continental, a Euroliga.[1]

Chegan os éxitos

[editar | editar a fonte]

Por fin na temporada 2001−02 chegou a primeiro título de liga ao Baskonia. Trala chegada de Duško Ivanović, lendario ex xogador da Jugoplastika, ao banco como adestrador, conseguiron impoñerse na final do campionato ao Unicaja Málaga por un contundente 0 a 3. Chegando tamén ese mesmo á final da Euroliga, aínda que con peor resultado, xa que perderon na final, no quinto partido de desempate, fronte á Kinder Bologna de Italia.

Outros éxitos que chegaron durante o comezo do milenio foron tres Copas do Rei (2002, 2004, 2006), catro Supercopas (2006, 2007, 2008, 2009) e un novo título de liga en 2008, esta vez con Neven Spahija como adestrador, tras vencer na final ao FC Barcelona de novo por 0 a 3. Ademais, aínda que non volveu a conseguir un título a nivel europeo, chegou a disputar tres Final Four da Euroliga, Moscova 2005, Praga 2006 e Atenas 2007. Na tempada 2008−09 volveu ao banco Duško Ivanović e con el gañaron ese ano a súa sexta Copa do Rei, despois de derrotar a Unicaja Málaga por 98-100 na final, e ao ano seguinte a súa terceira liga ACB, derrotando ao FC Barcelona por 3 a 0 na final.

Tras uns anos cunha traxectoria máis discreta, na tempada 2019−20, e de novo con Ivanović como adestrador, o Baskonia volveu gañar a liga por cuarta vez na súa historia. O campionato foi suspendido na xornada 23 debido á pandemia de COVID-19, e a pesar de que Baskonia ocupaba a oitava praza neses momentos, foi quen de vencer na fase final extraordinaria de doce equipos que se disputou en Valencia, derrotando na final de novo ao FC Barcelona, por 67−69.[2]

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Fóra de España, o club foi a miúdo coñecido como TAU Cerámica Baskonia,[3][4] unha marca comercial de cerámica manufacturada pola compañía valenciana Taulell S.A, cuxo nome patrocinou ao club dende 1986 a 2009. Orixinariamente, Taulell utilizaba un nome distinto doutra marca comercial súa para patrocinar ao equipo, Taugrés, antes de cambiar a TAU Cerámica Baskonia en 1997.[5] Ademais dos xa citados, TAU, Baskonia e TAU Baskonia eran nomes frecuentes para referirse ao club. Cómpre sinalar que o nome oficial do club é Baskonia, Saski Baskonia, ou de xeito completo Saski Baskonia S.A.D. En 2009, a cooperativa de aforro e crédito vasco "Caja Laboral" (en lingua castelá: Caja Laboral Popular Sociedad Cooperativa de Credito ou en éuscaro: Lan Kide Aurrezkia - Euskadiko Kutxa) converteuse na nova denominación de patrocinador do club, incrementando a cantidade de cartos cos que o patrocinador contribúe ás arcas do club. O 27 de abril de 2013, "Laboral Kutxa" converteuse no novo patrocinador do Baskonia, tras a fusión de Caja Laboral e Ipar Kutxa.[6]

  • Caja Álava (1983–1987)
  • Taugrés (1987–1997)
  • Tau Cerámica (1997–2009)
  • Caja Laboral / Laboral Kutxa (2009–2016)
  • Kirolbet (2018–2020)
  • TD Systems Baskonia (2020–2021)
  • Bitci Baskonia (2021–presente)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Baskonia 2023−2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 0 Howard, Markus 1,79 m (5 ft 10 in) 79 kg (174 lb) Denver Nuggets (2022)
A 2 Estonia Raieste, Sander 2,03 m (6 ft 8 in) 95 kg (209 lb) G4S Noorteliiga (2016)
B 3 Chiozza, Chris 1,78 m (5 ft 10 in) 79 kg (174 lb) UCAM Murcia (2023)
A 8 Lituania Sedekerskis, Tadas 2,04 m (6 ft 8 in) 101 kg (223 lb) Neptūnas (2020)
E 9 Marinković, Vanja 1,98 m (6 ft 6 in) 86 kg (190 lb) Valencia Basket (2021)
B 10 Bulgaria Miller-McIntyre, Codi 1,91 m (6 ft 3 in) 90 kg (198 lb) Gaziantep Basketbol (2023)
A 11 España Díez, Dani 2,01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) San Pablo Burgos (2022)
A 17 Grecia Rogkavopoulos, Nikos 2,03 m (6 ft 8 in) 91 kg (201 lb) Merkezefendi (2023)
P 18 Senegal Diop, Khalifa 2,11 m (6 ft 11 in) 105 kg (231 lb) CB Gran Canaria (2023)
P 21 Estonia Kotsar, Maik 2,11 m (6 ft 11 in) 122 kg (269 lb) Hamburg Towers (2022)
AP 24 Costello, Matt 2,08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Gran Canaria (2021)
B 25 Macedonia do Norte Theodore, Jordan 1,83 m (6 ft 0 in) 89 kg (196 lb) Metropolitans 92 (2024)
AP 95 Nixeria Moneke, Chima 2,00 m (6 ft 7 in) 101 kg (223 lb) AS Monaco Basket (2023)
Adestrador
Duško Ivanović
Asistente(s)
España David García
España Xabier Aspe
España David Gil
Director deportivo
España Félix Fernández

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 02−032024

Destacados

[editar | editar a fonte]

A pesar de non teren retirado ningún número na súa historia, tres dos xogadores máis destacados da historia do equipo teñen unha camisola co seu número pendurada no Fernando Buesa Arena: Pablo Prigioni (#5), pendurada en 2017; Igor Rakočević (#8) e Sergi Vidal (#9), penduradas en 2020.

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

MVP da ACB

Xogador Revelación da ACB

MVP das Finais da ACB

MVP da Copa do Rei

MVP da Supercopa ACB

Campión do Concurso de Triplas

Primeiro quinteto da ACB

Segundo quinteto da ACB

Primeiro quinteto da Euroliga

Segundo quinteto da Euroliga

Adestradores

[editar | editar a fonte]
  • España Vicente Elejalde (1959–1969)
  • España Pepe Laso (1969–1977)
  • España Juan Antonio Ortiz de Pinedo (1977–1978)
  • España Iñaki Iriarte (1978–1980)
  • España Manu Moreno (1980–1981)
  • España Iñaki Iriarte (1981–1983)
  • España Juan Antonio Ortiz de Pinedo (1983)
  • España Txema Capetillo (1983–1984)
  • España Xabier Añúa (1984–1985)
  • España Pepe Laso (1985–1987)
  • España Manu Moreno (1987–1989)
  • Iugoslavia Željko Pavličević (1989–1990)
  • Estados Unidos Herb Brown (1990–1992)
  • España Iñaki Iriarte (1992–1993)
  • España Manel Comas (1993–1997)
  • Italia Sergio Scariolo (1997–1999)
  • España Salva Maldonado (1999)
  • Arxentina Julio Lamas (1999–2000)
  • Montenegro Duško Ivanović (2000–2005)
  • España Pedro Martínez (2005)
  • Croacia Velimir Perasović (2005–2007)
  • España Natxo Lezkano (2007)
  • Serbia Božidar Maljković (2007)
  • Croacia Neven Spahija (2007–2008)
  • Montenegro Duško Ivanović (2008–2012)
  • Croacia Žan Tabak (2012–2013)
  • Italia Sergio Scariolo (2013–2014)
  • Italia Marco Crespi (2014)
  • España Ibon Navarro (2014–2015)
  • Croacia Velimir Perasović (2015–2016)
  • España Sito Alonso (2016–2017)
  • Arxentina Pablo Prigioni (2017)
  • España Pedro Martínez (2017–2018)
  • Croacia Velimir Perasović (2018–2019)
  • Montenegro Duško Ivanović (2019–2021)
  • Croacia Neven Spahija (2021–2022)
  • España Joan Peñarroya (2022–presente)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais

[editar | editar a fonte]

Euroliga

Copa Saporta (1 título)

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]

Liga ACB (4 títulos)

Copa do Rei (6 títulos)

Supercopa de España (4 títulos)

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1959 Fundación do Club Deportivo Vasconia
1959–60 4 Prov.
1960–61 4 Prov.
1961–62 4 Prov.
1962–63 4 Prov.
1963–64 4 Prov.
1964–65 4 Prov.
1965–66 4 Prov.
1966–67 4 Prov.
1967–68 4 Prov.
1968–69 4 Prov.
1969–70 3 3ª Div. 10–5
1970–71 2 2ª Div. 20–4
1971–72 2 2ª Div. 21–3
1972–73 1 1ª Div. 10º 12–18 Semifinais
1973–74 1 1ª Div. 12–16
1974–75 1 1ª Div. 8–14 Cuartos de final
1975–76 1 1ª Div. 14–18
1976 Converting in Club Deportivo Basconia
1976–77 1 1ª Div. 10º 8–14 Primeira rolda
1977–78 1 1ª Div. 10º 7–1–14 Primeira rolda
1978–79 1 1ª Div. 9–13 Semifinais
1979–80 1 1ª Div. 11º 5–2–15 Oitavos de final
1980–81 1 1ª Div. 14º 6–20 Oitavos de final
1981–82 2 1ª Div. B 19–1–6
1982–83 1 1ª Div. 13º 3–3–20 Oitavos de final
1983–84 1 ACB 9–22 Oitavos de final
1984–85 1 ACB 10º 8–22 Copa Asociación C
1985–86 1 ACB 16–14 Copa Príncipe QF 3 Copa Korać R2 0–1–1
1986–87 1 ACB 15–18 Copa Príncipe OF
1987–88 1 ACB 19–14 Copa Príncipe OF
1988 Mudanza de denominación a Saski Baskonia S.A.D.
1988–89 1 ACB 21–17 Oitavos de final
1989–90 1 ACB 23–15 Cuartos de final
1990–91 1 ACB 26–16 Cuartos de final
1991–92 1 ACB 30–15 Cuartos de final 3 Copa Korać CF 6–6
1992–93 1 ACB 11º 19–14 Terceiro 3 Copa Korać GS 6–4
1993–94 1 ACB 11º 17–15 Subcampión 2 Copa Saporta 11–4
1994–95 1 ACB 24–17 Campión 2 Copa Saporta 12–3
1995–96 1 ACB 22–19 2 Copa Saporta C 13–1–3
1996–97 1 ACB 21–17 3 Copa Korać OF 8–2
1997–98 1 ACB 34–10 Cuartos de final 3 Copa Korać R32 5–3
1998–99 1 ACB 25–13 Campión 1 Euroliga FG 4–6
1999–00 1 ACB 25–18 Cuartos de final 2 Copa Saporta OF 9–5
2000–01 1 ACB 32–11 Cuartos de final 1 Euroliga 15–7
2001–02 1 ACB 33–12 Campión 1 Euroliga T16 13–7
2002–03 1 ACB 20–19 Subcampión 1 Euroliga T16 11–9
2003–04 1 ACB 32–10 Campión 1 Euroliga T16 13–7
2004–05 1 ACB 36–11 Semifinais Supercopa 1 Euroliga 13–11
2005–06 1 ACB 31–13 Campión Supercopa C 1 Euroliga 18–7
2006–07 1 ACB 31–11 Semifinais Supercopa C 1 Euroliga 20–4
2007–08 1 ACB 29–13 Subcampión Supercopa C 1 Euroliga 16–9
2008–09 1 ACB 33–8 Campión Supercopa C 1 Euroliga CF 14–7
2009–10 1 ACB 35–9 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga CF 11–9
2010–11 1 ACB 25–14 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga CF 10–10
2011–12 1 ACB 27–14 Semifinais Supercopa 1 Euroliga LR 5–5
2012–13 1 ACB 26–11 Semifinais 1 Euroliga CF 13–15
2013–14 1 ACB 19–17 Cuartos de final Supercopa SF 1 Euroliga T16 11–13
2014–15 1 ACB 20–17 Supercopa SF 1 Euroliga T16 11–13
2015–16 1 ACB 27–14 Semifinais 1 Euroliga 18–11
2016–17 1 ACB 26–13 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga 17–16
2017–18 1 ACB 31–13 Cuartos de final 1 Euroliga 17–17
2018–19 1 ACB 26–10 Cuartos de final Supercopa 1 Euroliga 16–18
2019–20 1 ACB 17–13 1 Euroliga 12–16
2020–21 1 ACB 23−13 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga FG 18–16
2021–22 1 ACB 22−18 Semifinais 1 Euroliga 12–16
2020–21 1 ACB 23−13 Semifinais Supercopa SF 1 Euroliga FG 18–16
2022–23 1 ACB 28−8 Cuartos de final 1 Euroliga FG 18–16
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Baskonia, un paseo pola súa historia". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de abril de 2010. 
  2. "O Baskonia sorprende ao Barcelona e proclámase campión". La Opinión A Coruña. 30 de xuño de 2020. Consultado o 3 de xullo de 2020. 
  3. "Baskonia.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 07 de febreiro de 2010. 
  4. Morre o Tau Baskonia e nace o Caja Laboral Baskonia
  5. "Taulell S.A. e Saski Baskonia S.A.D". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2010. 
  6. "El Baskonia pasa a denominarse Laboral Kutxa". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2013. Consultado o 27 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]