[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Touro, Touro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Touro
Lugar de Fonte Díaz, capital do concello de Touro.
ConcelloTouro[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°52′06″N 8°18′01″O / 42.86827056, -8.300399346
Poboación636 hab. (2019)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Touro é unha parroquia pertencente ó concello de Touro. Situada aproximadamente no centro do concello, alberga a capital, Fonte Díaz. Segundo o IGE en 2012 tiña 631 habitantes (315 homes e 316 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ó norte coa parroquia de San Xiao de Cebreiro do concello do Pino, ó oeste con Santa María de Loxo, ó suroeste con San Pedro de Ribeira, ó sur con Santa Uxía de Fao, ó sueste con Santiago de Andeade e ó leste con San Fiz de Quión.

A parroquia é atravesada pola estrada comarcal AC-240, que cruza o concello de Touro de suroeste a nordeste.

Nesta parroquia están situados edificios coma a casa do concello, o CPI Fonte Díaz, a piscina municipal, o cuartel da Garda Civil, a área recreativa da Santaia, unha residencia da terceira idade, e outros edificios de interese. Ademais no norte da parroquia aséntase parte dunha escombreira dunha antiga mina de cobre.

A igrexa parroquial está situada na aldea do Barral, aínda que hai outra construída na vila de Fonte Díaz máis recentemente e que se usa con moita máis frecuencia.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Touro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Touro no concello de Touro (A Coruña)

O Barral | A Cruz de Méndez | Fonte Díaz | Mourelos de Abaixo | Mourelos de Arriba | Mourelos Ermo | A Santaia | Ventín

Parroquias de Touro

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]