TRACE
TRACE / Transition Region and Coronal Explorer | |
---|---|
Representación de TRACE en órbita. | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 2 de abril de 1998, 2:42 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Pegasus XL[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][6] |
Obxectivo da misión | Estudo do Sol no ultravioleta.[3][6] |
NSSDC ID | 1998-020A |
Masa | 250 kg[3] |
Potencia | 200 W[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6906 km[1] |
Inclinación | 97,5 graos[1] |
Apoapse | 550,7 km[1] |
Periapse | 520,2 km[1] |
TRACE, acrónimo de Transition Region and Coronal Explorer, foi un observatorio espacial da NASA lanzado nun foguete Pegasus XL desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 2 de abril de 1998.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de TRACE foi estudar o Sol no ultravioleta, para o cal levaba un telescopio de 30 cm de apertura a bordo cun campo de visión de 8,5 minutos de arco e unha resolución de 1 segundo de arco. Entre os obxectivos de TRACE estaban:[3][5][6]
- Seguir a evolución das estruturas do campo magnético solar, desde o interior ata a corona.
- Estudar o mecanismo de quecemento da atmosfera solar exterior.
- Descubrir as causas das erupcións solares e das execcións de masa.
A nave estabilizábase nos tres eixos e a enerxía era proporcionada por catro paneis solares que proporcionaban uns 200 vatios de potencia que alimentaban unha batería cunha capacidade de 9 amperio-hora. As comunicacións tiñan lugar en banda S mediante un transpondendor de 5 W de potencia. O observatorio foi posto fóra de servizo o 21 de xuño de 2010.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TRACE" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 17 August 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-55464(E)). 26 de agosto de 1998: 9. Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (21 de marzo de 2017). "TRACE" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "TRACE" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: TRACE (SMEX 4)" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "TRACE" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: TRACE |