Wright Flyer
Aparencia
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Wright Flyer | |
---|---|
Tipo | avión experimental |
Fabricante | Wright Cycle Company |
Deseñado por | Orville e Wilbur Wright |
Primeiro voo | 17 de decembro de 1903 |
Unidades construídas | 1 |
O Wright Flyer, referido decote como Flyer I e ás veces como Kitty Hawk, foi a primeira máquina voadora a motor construída polos irmáns Wright. O voo está recoñecido pola Fédération Aéronautique Internationale, o organismo elaborador de normas e do mantemento de rexistros para a aeronáutica e a astronáutica, como "o primeiro voo sostido nunha aeronave máis pesada que o aire".