William Eugene Smith
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1918 Wichita, Estados Unidos de América |
Morte | 15 de outubro de 1978 (59 anos) Tucson, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Educación | Universidade de Notre Dame (pt) (1936–) Wichita North High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía, periodismo fotográfico e fotografia documental (pt) |
Ocupación | fotógrafo, fotógrafo de guerra, fotoxornalista, xornalista |
Período de actividade | 1934 - 1954 |
Membro de | Magnum Photos (1957–) |
Representante | Kevin Smith (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Kevin Smith |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century (en) |
William Eugene Smith, nado en Wichita, (Kansas) o 30 de decembro de 1918 e finado en Tucson (Arizona) o 15 de outubro de 1978, foi un fotoxornalista estadounidense membro de Magnum Photos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa extensa carreira, Smith destacou polas súas reportaxes sobre as batallas da segunda guerra mundial, como a Batalla de Iwo Jima, o mundo do jazz entre os 50 e 60, e a súa cobertura da catástrofe de Minamata no Xapón.
Arriscaba facendo o seu traballo; na guerra ferírono de morteiro e, cando anos despois investigaba á empresa química que provocara o envelenamento de Minamata, uns traballadores déronlle unha brutal malleira da que case non sae con vida. Sobreviveu, pero como secuela perdeu gran parte da visión dun ollo.