Wallace Stevens
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de outubro de 1879 Reading, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 2 de agosto de 1955 (75 anos) Hartford, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de estómago |
Lugar de sepultura | Cedar Hill Cemetery (en) |
Residencia | Hartford |
Educación | New York Law School (en) Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | poeta, dramaturgo, poeta avogado, escritor, xornalista, avogado |
Período de actividade | 1914 - |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Poets of Reality (en) |
Wallace Stevens, nado en Reading, Pensilvania, o 2 de outubro de 1879 e finado en Hartford, Connecticut, o 2 de agosto de 1955, foi un poeta estadounidense, adscrito á corrente vangardista do modernismo anglosaxón.
Traballou toda a súa vida como avogado de compañías de seguros. En 1955 obtivo o Premio Pulitzer de Literatura. Stevens é un exemplo de poeta tardío, pois a parte máis importante da súa obra apareceu despois de cumprir os 50 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1922, escribiu ao director dunha revista:
Evíteme, por favor, contar os datos biográficos. Son avogado e vivo en Hartford. Estes feitos non son divertidos nin reveladores.
Stevens estudou en Harvard e Nova York, e traballou brevemente como xornalista. Obtivo o título de avogado na New York Law School, en 1903. Tras un longo noivado, contraeu matrimonio con Elsie Viola Rachel en 1909. Tiveron unha filla, Dolly Stevens, en 1924. O matrimonio acabou distanciándose, mais nunca se divorciou. A súa filla posteriormente publicou as cartas do seu pai e unha colección de poemas.[1]
En 1908 foi contratado por American Bonding Company.[2] En 1914 era vicepresidente da Equitable Surety Company, de St. Louis, Missouri.[3] Posteriormente, foi contratado por Hartford Accident and Indemnity Company, deixando Nova York para vivir en Hartford, Connecticut, onde se asentou definitivamente.[4] En 1934, foi nomeado vicepresidente da compañía.[5] Tras obter o Premio Pulitzer en 1955, propúxoselle que aceptase un posto en Harvard, mais o poeta declinou a oferta.
Stevens foi bautizado como católico en 1955, mentres agonizaba dun cancro incurable.[6] Esta conversión foi non obstante desmentida pola súa filla.[7] Tras abandonar o hospital por un curto período, volveu ser ingresado, falecendo o 2 de agosto de 1955, á idade de 75 anos.
Poesía: imaxinación e realidade
[editar | editar a fonte]Stevens é un poeta de ideas, que mergullaban nas interrelacións imaxinación-realidade, así como conciencia-mundo. Para Stevens, "imaxinación" non é equivalente a conciencia, como tampouco "realidade" se identifica co mundo existente alén da nosa mente. A realidade é produto da imaxinación, que conforma o mundo. Así, a realidade é unha actividade, non un concepto estático. Para dar sentido ao mundo é preciso elaborar un punto de vista a través dun exercicio da imaxinación. Pero non se trata dun estéril esforzo filosófico, senón do apaixonado compromiso de outorgar ás cousas unha orde e un significado.
Stevens suxire que vivimos inmersos nunha sorte de tensión entre as formas, a través das cales establecemos o mundo e as ideas ordenadas que a nosa imaxinación propón. O mundo inflúenos en toda esfera de actividade: «O vestido dunha muller de Lasa / no seu lugar, / é elemento invisible dese lugar / xa feito visible.»[8]
No seu ensaio Imagination as Value, afirma: «a verdade parece ser aquilo que vivimos en conceptos de imaxinación antes de que a razón os fixou».[9] A imaxinación é o mecanismo a través do cal conceptuamos inconscientemente as estruturas vitais, mentres que a razón é a forma en que elaboramos conscientemente devanditos esquemas.
Este proceso de correspondencias ou abstracción lírica («Eu tiña tres mentes, / como unha árbore / en que houbese tres merlos.») é explicado polo seu tradutor ao castelán, Andrés Sánchez Robayna: «Da herdanza romántica e simbolista toma Stevens gran parte dos seus motivos e imaxes para levalos a unha zona de abstracción e de teoría que veu considerándose (estrañamente) como a parte máis enigmática e complexa da súa obra.»[10]
Reputación e influencia
[editar | editar a fonte]Dende que se deu a coñecer, críticos e poetas recoñeceron o inmenso talento de Stevens. Hart Crane escribiu a un amigo en 1919, tras ler algúns dos poemas de Harmonium: «Hai un home cun traballo que fai que todos os demais sintamos moi pouca cousa».[11] Nos anos 30, o crítico Yvor Winters censurou a Stevens por hedonista decadente, pero recoñecendo o gran valor poético da súa obra. Ao principio da década de 1940, o crítico Randall Jarrell afirmou que Stevens era un dos maiores poetas estadounidenses vivos.
A obra de Stevens recibiu máis atención despois da súa morte. Harold Bloom, Helen Vendler e Frank Kermode están entre os que máis a valoraron. Moitos poetas, por exemplo James Merrill e Donald Justice, recoñeceron a súa influencia, visible tamén noutros como John Ashbery, Mark Strand, A. F. Moritz ou John Hollander.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Harmonium (1923)
- Ideas of Order (1936)
- Owl's Clover (1923)
- The Man with the Blue Guitar (1937)
- Parts of a World (1942)
- Transport to Summer (1947)
- The Auroras of Autumn (1950)
- Collected Poems (1954)
- Opus Posthumous (1957)
- The Palm at the End of the Mind (1972)
- Collected Poetry and Prose (1997)
Prosa
[editar | editar a fonte]- The Necessary Angel (ensaios) (1951)
- Letters of Wallace Stevens, editado pola súa filla Holly Stevens (1966)
- Secretaries of the Moon: The Letters of Wallace Stevens & José Rodríguez Feo, editado por Beverly Coyle e Alan Filreis (1986)
- Sur plusieurs beaux sujects: Wallace Stevens's Commonplace Book, editado por Milton J. Bates (1989)
- The Contemplated Spouse: The Letter of Wallace Stevens to Elsie, editado por D.J. Blount (2006)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richardson, Joan. Wallace Stevens: The Later Years, 1923-1955, Nova York: Beech Tree Books, 1988, p. 22
- ↑ Richardson, Joan. Wallace Stevens: The Early Years, 1879-1923, Nova York: Beech Tree Books, 1986, p. 276.
- ↑ Richardson, The Early Years, supra, p. 424.
- ↑ Richardson, The Early Years, supra, p. 445
- ↑ Richardson, The Later Years, supra, p. 87.
- ↑ Maria J. Cirurgião, “Last Farewell and First Fruits: The Story of a Modern Poet.” Lay Witness (xuño de 2000)
- ↑ Peter Brazeau, Parts of a World: Wallace Stevens Remembered, Nova York, Random House, 1983, p. 295
- ↑ Stevens, Collected Poetry and Prose, supra, p. 41.
- ↑ Stevens, Wallace. The Necessary Angel: Essays on Reality and the Imagination, Nova York: Vintage, 1965, p. 154.
- ↑ Stevens, Wallace. De la simple existencia. Antología poética, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores. Barcelona, 2003. p. 10
- ↑ "Wallace Stevens: Biography and Recollections by Acquaintances," Modern American Poetry.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Armstrong, Tim. "Player Piano: Poetry and Sonic Modernity" in Modernism/Modernity Arquivado 14 de xuño de 2010 en Wayback Machine. 14.1 (xaneiro de 2007), 1-19.
- Baird, James. The Dome and the Rock: Structure in the Poetry of Wallace Stevens (1968)
- Bates, Milton J. Wallace Stevens: A Mythology of Self (1985)
- Beckett, Lucy. Wallace Stevens (1974)
- Beehler, Michael. T.S. Eliot, Wallace Stevens, and the Discourses of Difference (1987)
- Benamou, Michel. Wallace Stevens and the Symbolist Imagination (1972)
- Berger, Charles. Forms of Farewell: The Late Poetry of Wallace Stevens (1985)
- Bevis, William W. Mind of Winter: Wallace Stevens, Meditation, and Literature (1988)
- Blessing, Richard Allen. Wallace Stevens' "Whole Harmonium" (1970)
- Harold Bloom. Wallace Stevens: The Poems of Our Climate (1980)
- Borroff, Marie, ed. Wallace Stevens: A Collection of Critical Essays (1963)
- Brazeau, Peter. Parts of a World: Wallace Stevens Remembered (1983)
- Brogan, Jacqueline V. The Violence Within/The Violence Without: Wallace Stevens and the Emergence of a Revolutionary Poetics (2003)
- Simon Critchley. Things Merely Are: Philosophy in the Poetry of Wallace Stevens (2005)
- Doggett, Frank. Stevens' Poetry of Thought (1966)
- Frank Kermode. Wallace Stevens (1960)
- Leggett, B.J. Early Stevens: The Friedrich Nietzsche Intertext (1992)
- Leonard, J.S. & Wharton, C.E. The Fluent Mundo: Wallace Stevens and the Structure of Reality (1988)
- McCann, Janet. Wallace Stevens Revisited: The Celestial Possible (1996)
- Helen Vendler. On Extended Wings: Wallace Stevens' Longer Poems (1969)
- Helen Vendler. Wallace Stevens: Words Chosen out of Desire (1986)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Poems and profile Arquivado 02 de marzo de 2009 en Wayback Machine. at PoetryFoundation.org
- Profile and poems at Academy Of American Poets
- The Wallace Stevens Society
- Yale College Lecture on Wallace Stevens audio, video and full transcripts from Open Yale Courses
- Wallace Stevens Collection. Yale Collection of American Literature, Beinecke Rare Book and Manuscript Library.
- Profile at the Academy of American Poets
- The PennSound/Woodberry Poetry Room Wallace Stevens Audio Project from the University of Pennsylvania
- The Wallace Stevens Papers at the Online Archive of California
- A Selection from Wallace Stevens' Letters
- Wallace Stevens at Poeticous