Sérgio Mendes
Sérgio Santos Mendes, nado en Niterói o 11 de febreiro de 1941 e finado nos Ánxeles o 5 de setembro de 2024, foi un músico brasileiro, coñecido mundialmente pola difusión da bossa nova, a samba e o MPB.[1][2] Gañou 1 Grammy, 2 Latin Grammy, foi nomeado ao Óscar á mellor canción orixinal e é o posuidor do récord brasileiro de máis entradas no Billboard Hot 100.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sérgio Mendes comezou co Sexteto Bossa Rio, gravando o álbum Dance Moderno en 1961. Viaxando por Europa e os Estados Unidos, gravou varios discos con Cannonball Adderley e Herbie Mann, ata tocando no Carnegie Hall. Trasladouse aos Estados Unidos en 1964 e produciu dous álbums co nome de Brasil '64, coa Capitol Records e Atlantic Records.
Foi nos Estados Unidos onde comezou o grupo Sérgio Mendes & Brasil 66, acadando o éxito coa publicación da canción "Mas que Nada", de Jorge Ben Jor, en versión bossa nova.
Pasou moito tempo no ostracismo, editando discos que tiveron pouco éxito comercial. O seu reencontro co público en xeral tivo lugar en 1984, coa publicación do exitoso álbum Never Gonna Let You Go, acadando o cuarto lugar nas listas. Pouco despois sacou o disco Confetti, que contén entre outras cancións "Olympia", feita para os Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984.
Na década dos 90, creou a banda Brasil 99, coa que gravou o disco Brasileiro, que ademais de levalo de novo ás listas de éxitos, conseguiulle o Grammy de 1993 na categoría de World Music. Ten publicados máis de trinta discos, e o máis último deles conta coa participación de invitados, entre outros, de Stevie Wonder e os Black Eyed Peas .
A canción "Never Gonna Let You G ", de Sérgio Mendes, contou con Joe Pizzulo e Leza Miller na voz. [4]
Marchou en 1964 aos Estados Unidos, tras o golpe militar en Brasil. Brillou con luz propia no panorama musical estadounidense, gañando un lugar destacado no mercado anglosaxón. Colaborou con artistas de jazz como Herbie Mann. Compartiu xiras con Frank Sinatra e recibiu unha carta de Paul McCartney para felicitalo pola súa versión de Fool on the Hill, dos Beatles. "Creo que é o mellor de todos", díxolle o outro xenio.[5]
Casou coa cantante brasileira Gracinha Leporace.
Coñecendo a Elvis Presley
[editar | editar a fonte]O encontro tivo lugar durante a tempada na que Elvis Presley actuaba en Lake Tahoe, Nevada, no Midnight Show, o 1 de agosto de 1971.[6]
No libro The Elvis Archives[7] hai un erro moi grave na páxina 128, no que nunha foto a descrición di: "Paul Anka (dereita) co seu director (centro) e Elvis en Las Vegas en 1972". En realidade, a persoa que está no centro da foto é Sergio Mendes.
Os únicos brasileiros famosos que coñeceron en persoa a Elvis Presley foron Leny Eversong, Cauby Peixoto e Sérgio Mendes. O encontro con Elvis Presley e Cauby Peixoto foi informado na Revista do Rádio, en decembro de 1956.
Morte
[editar | editar a fonte]Sérgio morreu nos Ánxeles o 5 de setembro de 2024, aos 83 anos.[8] O músico afrontaba enfermidades derivadas de problemas respiratorios desde 2023.[9]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Dance moderno (1961)
- Quiet nights (1963)
- Você ainda não ouviu nada. Sergio Mendes & Bossa Rio (1963)
- The swinger from Rio (1964)
- Bossa Nova York. Sergio Mendes Trio (1964)
- Cannonbal's bossa nova with Bossa Rio (1964)
- In person at El Matador-Sergio Mendes & Brasil' 65 (1964)
- Brasil' 65. Wanda de Sah featuring The Sergio Mendes Trio (1965)
- The great arrival (1966)
- Herb Alpert presents Sergio Mendes & Brazil 66 (1966)
- Equinox-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1967)
- Sergio Mendes favourite things (1968)
- Look around-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1968)
- Crystal illusions-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1969)
- Fool on the Hill (1969)
- Ye-me-lê. Sergio Mendes & Brazil' 66 (1970)
- Live at Expo' 70. Sergio Mendes & Brazil' 66 (1970)
- Stilness-Sergio Mendes & Brasil' 66 (1971)
- País tropical-Sergio Mendes & Brazil' 77 (1971)
- Raízes-Sergio Mendes & Brazil' 77 (1972)
- Love music-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1973)
- In concert-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1973)
- Vintage 74-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1974)
- Sergio Mendes (1975)
- Homecooking-Sergio Mendes & Brasil' 77 (1976)
- Sergio Mendes & and the new Brasil' 77 (1977)
- Brasil 88 (1978)
- Pelé-trilha sonora do filme (1977)
- Magic lady (1979)
- Horizonte aberto (1979)
- Sergio Mendes (1983)
- Confetti (1984)
- Brasil 86 (1986)
- Arara (1989)
- Brasileiro (1992)
- Oceano (1996)
- Timeless (2006)
- Encanto (2008)
- Bom Tempo (2010)
- Magic (2014)
- In the Key of Joy (2020)
Singles
[editar | editar a fonte]O ano de lanzamento é seguido do título e da posición na grella americana.
- 1966 - Mas Que Nada - Billboard Adult Contemporary # 04 e Billboard Pop Singles #47
- 1967 - Night And Day - Billboard Pop Singles #82
- 1968 - Scarborough Fair - Billboard Pop Singles #16
- 1968 - The Fool on the Hill - Billboard Adult Contemporary #1 e Billboard Pop Singles #06
- 1968 - The Look of Love - Billboard Adult Contemporary #02 e Billboard Pop Singles #04
- 1969 - (Sittin' On) the Dock of the Bay - Billboard Pop Singles #66
- 1969 - Pretty World - Billboard Adult Contemporary #04 e Billboard Pop Singles #62
- 1969 - Scarborough Fair - Billboard Adult Contemporary #02
- 1977 - The Real Thing - Billboard Black Singles #51
- 1979 - I'll Tell You - Billboard Club Play Singles #09 e Billboard Black Singles #49
- 1983 - Never Gonna Let You Go - Billboard Adult Contemporary #01, Billboard Black Singles #28 e Billboard Pop Singles #04
- 1984 - Alibis - Billboard Adult Contemporary #05 e The Billboard Hot 100 #29
- 2006 - Mas Que Nada (re-gravación) - Billboard Hot Dance Music/Club Play #13
- 2008 - Mas Que Nada (R Mend Club Mix) - remix por DJ Renato Mendonça - Independente
- 2016 - Se Ligaê - Con Rogério Flausino e Baby do Brasil
Premios
Ano | Premio | Categoría | Traballo | Resultado |
---|---|---|---|---|
1993 | Grammy Awards | Mellor Álbum de World Music | "Brasileiro" | Venceu |
2005 | Grammy Latino | Premio Excelência Musical da Academia Latina de Gravación | Ele Mesmo | Venceu |
2006 | Grammy Latino | Gravación do Ano | "Mas que Nada" (Part.Black Eyed Peas) | Finalista |
2008 | Grammy Latino | Mellor Canción Brasileira | "Acode" (Part.Vanessa Da Mata) | Finalista |
2010 | Grammy Latino | Mellor Álbum de Pop Contemporâneo Brasileiro | "Encanto" | Venceu |
2011 | Grammy Awards | Mellor Álbum de World Music Contemporánea | "Encanto" | Finalista |
2012 | Prêmio Annie | Música nunha Produción de Animación | "Real in Rio" | Finalista |
2012 | Oscar | Mellor CanciónxOriginal | "Real in Rio" | Finalista |
2015 | Grammy Awards | Mellor Álbum de World Music | "Magic" | Finalista |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Millan, Camilla (11 de febreiro de 2021). "80 anos de Sérgio Mendes, a mente por trás da versão bossa nova do hit ‘Mas que Nada’". Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2022. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ Xavier, Gustavo (10 de febreiro de 2021). "Os 80 years de Sergio Mendes". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ Lorentz, Braulio (13 de agosto de 2020). "Sérgio Mendes comenta recordes nos EUA em 60 anos de carreira: 'Não foi só jogada de marketing'". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 8 de abril de 2022.
- ↑ "2Kmusic.com Redirection.....". Consultado o 2021-02-10.
- ↑ "Muere Sérgio Mendes, el hombre que hizo latir el mundo con su «bossa nova»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-09-06. Consultado o 2024-09-07.
- ↑ "Paul Anka Remembers Elvis Presley". Consultado o 08/05/2015.
- ↑ The Elvis Archives. 2004. pp. Todd Slaughter, Anne E. Nixon. ISBN 1-84449-380-6.
- ↑ "Sérgio Mendes, Brazilian Bossa Nova Legend, Dead at 83". Rolling Stone. 6-9-2024. Consultado o 7-9-2024.
- ↑ "Morre Sergio Mendes, aos 83 anos, pianista e astro internacional da música brasileira". O Globo. 6-9-2024. Consultado o 6-9-2024.