Rykodisc Records
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Rykodisc Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1983 |
Organización matriz | Warner Music Group |
Sede | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://rykodisc.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rykodisc Records é un selo discográfico estadounidense. Pertence ao Warner Music Group, opera como parte do Independent Label Group de WMG, e está distribuído pola Alternative Distribution Alliance.
Historia
[editar | editar a fonte]Pretendendo ser o primeiro selo só de CDs independente dos Estados Unidos, Rykodisc foi fundada en 1983 en Salem, Massachusetts por Arthur Mann, Rob Simonds, Doug Lexa e Don Rose. A finais dos anos 80 o selo tamén comezou a publicar versións en casete e vinilo de gran calidade de moitas edicións baixo o nome Ryko Analogue.
Rykodisc tivo algúns éxitos notables na industria das reedicións en CD, con artistas como Elvis Costello, David Bowie, Yoko Ono, Frank Zappa, Nick Drake, Nine Inch Nails, Sugar, Robert Wyatt e Mission of Burma permitindo ao selo publicar os seus catálogos en CD. Rykodisc aínda mantén os dereitos do catálogo de Zappa. A etiqueta tamén reeditou as gravación de Meat Puppets na súa época con SST Records.
Co paso dos anos o selo adquiríu Hannibal Records, Tradition Records, Gramavision Records, Emperor Norton Records, Restless Records e, máis recentemente, Cordless Recordings. Rykodisc tamén fundou unha compañía de distribución, Ryko Distribution, e unha editorial de música, Rykomusic. O seu catálogo na actualidade ten máis de 1.200 títulos.
En 1998 Chris Blackwell deixou Island Records e mercou Rykodisc por 35 millóns de dólares, como unha forma de conseguir experiencia na mercadotecnia e distribución de música para a súa nova empresa, unha compañía chamada Palm Pictures. En 1999, un ano despois da compra de Blackwell, a oficina de Salem estaba pechada, e moitos dos veteranos da empresa foran despedidos. No ano 2001 Blackwell deixou Rykodisc e o selo entón trasladouse a Nova York, con oficinas nos Ánxeles e en Beverly, Massachusetts.
Rykodisc distingue os seus CDs coas súas características caixas de plástico transparente verde, que a compañía leva usando dende 1988 O selo comezou a limitar o uso das caixas verdes nas novas edicións en 2002.
O 23 de marzo do 2006 anunciouse que Warner Music Group adquirira a Ryko Corporation por 67,5 millóns de dólares. Cando Warner mercou Ryko, adquiriu as cintas mestras que o selo tiña de Frank Zappa, dándolle dereitos a Warner a calquera tipo de reedición; algo irónico debido ao odio que tiña Zappa contra Warner, de quen se separou con acritude en 1979. Tamén no ano 2006, a editora independente EverGreen Copyrights mercou o catálogo de Rykomusic.
No ano 2009 Ryko Distribution pasou a formar parte de Alternative Distribution Alliance. Na actualidade, ADA actúa como distribuidora para todos os lanzamentos de Rykodisc nos Estados Unidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do selo Arquivado 18 de setembro de 2012 en Wayback Machine.