Rubén Lois González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1961 (63 anos) Palas de Rei, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Geografia social (pt) , Q91077672 , geografia populacional (pt) , Urbanismo e ordenación do territorio |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | xeógrafo, urbanista, político, profesor universitario |
Familia | |
Pai | Rubén Lois Calviño |
Rubén Camilo Lois González, nado en Palas de Rei o 13 de outubro de 1961, é un xeógrafo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Rubén Víctor Lois Calviño, naceu en Palas de Rei, onde residiu até os catorce anos. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1984) e doutorado en Xeografía pola mesma Universidade coa tese Aproximación a una Geografía de la Juventud. Estudio socioespacial de los Centros de España (1992). É catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC onde exerce a docencia dende 1990. Tamén impartiu docencia na Universté do Maine, Université de Caen e Université de Touluse-Le Mirail en Francia, e na University of Bergen en Noruega. Foi Director Xeral de Turismo (2005-2009). É coordinador do Grupo ANTE: Análise Territorial (GI-1871) da USC e director da fundación CEER (Centro de Estudos Euro-Rexionais).]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na USC
- Currículo
- Artigos Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. en Sermos Galiza
- Rubén C. Lois González Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.