[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Riksdag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior do parlamento.
Exterior do edificio do parlamento no illote de Helgeandsholmen, no centro de Estocolmo.

O Riksdag (oficialmente en sueco: Sveriges riksdag) é a asemblea lexislativa de Suecia. É unicameral e está integrada por 349 membros (chamados en sueco riksdagsledamöter), electos para servir por un período de catro anos.

O nome Riksdag deriva da expresión sueca riksens ständer ou "rikets ständer" ("os estados do reino"), a cal facía mención á reunión dos representantes dos estamentos en que estaba dividida a sociedade sueca (nobreza, clero e plebe). Coa introdución, en 1866, da bicameralidade, o termo cambiou oficialmente ao actual Riksdag. En 1970, o Riksdag volveu ser unicameral, pero conservou a súa denominación.

A expresión Riksdag está emparentada coa palabra alemá Reichstag (utilizada para diversos parlamentos nacionais alemáns ata 1945); a danesa rigsdag (utilizada para o parlamento de Dinamarca, entre 1849 e 1953) e a estoniana riigikogu (utilizada para o parlamento de Estonia entre 1920 e 1940, e novamente a partir de 1991).

O Riksdag atópase no illote de Helgeandsholmen, no centro de Estocolmo (de feito, é o único edificio nesa illa).