Resacón nas Vegas
Resacón nas Vegas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hangover |
Director | Todd Phillips |
Produtor | Todd Phillips Daniel Goldberg |
Guión | Jon Lucas Scott Moore Todd Phillips Jeremy Garelick |
Intérpretes | Bradley Cooper Ed Helms Zach Galifianakis Heather Graham Justin Bartha Jeffrey Tambor |
Música | Christophe Beck |
Fotografía | Lawrence Sher |
Montaxe | Debra Neil-Fisher |
Estudio | Legendary Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 5 de xuño de 2009 25 de setembro de 2013 (TVG) |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $35 000 000[1] |
Recadación | $467 500 000 |
Filme seguinte | Resacón 2. Agora en Thailandia |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/hangover | |
Resacón nas Vegas (en inglés: The Hangover) é un filme estadounidense dirixido por Todd Phillips que se estreou no 2009. Estreouse en galego na TVG o 25 de setembro de 2013.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Historia dunha descontrolada despedida de solteiro na que o futuro noivo e os seus tres amigos, dous días antes da voda, montan unha festa tola en Las Vegas. Doug (Justin Bartha) viaxa ata a cidade do xogo cos seus mellores amigos Phil (Bradley Cooper) e Stu (Ed Helms), así como o seu futuro cuñado Alan (Zach Galifianakis). A troula é de campionato e, como era de esperar, á mañá seguinte teñen unha resaca monumental. O problema é que, sendo incapaces de lembrar nada do ocorrido durante a noite anterior, atópanse con que o prometido desapareceu, atopándose no seu lugar con outras dúas sorpresas na suite do hotel: un tigre e un bebé.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Bradley Cooper como Phil Wenneck.
- Ed Helms como Dr. Stuart "Stu" Price.
- Zach Galifianakis como Alan Garner.
- Justin Bartha como Doug Billings.
- Heather Graham como Jade.
- Sasha Barrese como Tracy Garner.
- Jeffrey Tambor como Sid Garner.
- Ken Jeong como Leslie Chow.
- Mike Epps como "Black Doug".
- Mike Tyson como El mesmo.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2009: Globo de Ouro: Mellor filme - Comedia ou musical.
- 2009: Nomeada ó BAFTA: Mellor guión orixinal.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Rotten Tomatoes (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Filmes de 2009
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Todd Phillips
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes rodados en Nevada
- Filmes sobre drogas
- Filmes sobre vodas
- Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical
- Filmes de 2009 con versión en galego