Ramón Pena Miró
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontedeume, España |
Morte | 7 de novembro de 1951 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista |
Ramón Pena Miró, nado en Pontedeume e finado na Coruña o 7 de novembro de 1951,[1] foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procurador dos tribunais en Pontedeume e empregado da fábrica e casa bancaria La América. Foi correspondente de La Voz de Galicia e Follas Novas en Pontedeume.[2] Fundou con Rosendo Vilariño Tenreiro o periódico Ecos del Eume do que foi redactor. A partir de febreiro de 1917 asumiu a dirección da revista Cultura Campesina. Foi secretario interino do concello de Pontedeume (1924-1925).[3] Foi administrador do Banco Pastor.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Ferro Piñeiro e foi pai de Ramón, Jesús, Andrés, Manuel, Rodrigo e Josefina Pena Ferro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- No centenario de Ecos del Eume Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine.