RadioVoz
RadioVoz | |
---|---|
Tipo | cadea de radio |
Sede | A Coruña |
País | Galicia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
RadioVoz é unha rede de emisoras radiofónicas pertencente ao Grupo Voz. Entre 1994 e 1999 mantivo emisión a nivel estatal, actualmente só emite en Galicia. As súas orixes remóntanse ás emisoras galegas de Antena 3 Radio, aínda que comezou a súa andaina como radio independente o 12 de decembro de 1994.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes (1983-1994)
[editar | editar a fonte]O 11 de abril de 1983, a licenza de radio concedida á La Voz de Galicia na Coruña comezou a emitir a sintonía de Antena 3 Radio. Deste xeito, o Grupo Voz incursionaba no eido da radiofonía, sendo o primeiro grupo multimedia de Galicia.[1] RadioVoz emitía unicamente en Galicia e cedía as súas frecuencias a Antena 3 Radio. Nos seguintes anos, o resto de emisoras de La Voz de Galicia Radio S.A. incorporáronse á rede de Antena 3 Radio: en maio de 1984 Vigo, Pontevedra, O Barco de Valdeorras e Viveiro, en 1985 foi a de Carballo e en 1990 Lugo, Santiago de Compostela e Ribadavia.[2]
Antena 3 Radio foi adquirida por PRISA en 1992, motivando a saída de importantes xornalistas da casa. Nese contexto, e dende setembro de 1993, as emisoras galegas da cadea comezaron a desligarse de Antena 3 Radio e emitiron 12 horas de programación propia. Despois, acadaron un convenio coa COPE polo cal cedían as súas frecuencias a cambio de emitir dez horas diarias da programación desta cadea.[3] O 1 de decembro de 1994, rescindido este contrato, decidiuse comezar emisións de seu e dar o salto ao resto de España.[4]
RadioVoz como emisora estatal (1994-1999)
[editar | editar a fonte]O 12 de decembro de 1994, RadioVoz iniciaba as súas emisións en Galicia, Madrid e Palma, pero co obxectivo de chegar en dous anos, polo menos, a cincuenta cidades españolas. O primeiro foi Bieito Rubido, posteriormente substituído por Alfonso Caballé, que cedeu a testemuña a Antón Losada Trabada.
A programación inaugural contaba con información local e cos programas La voz de la mañana con Carlos Alsina, De viva voz con Miguel Ángel García-Juez (que nos seus faladoiros contaba coa participación de Luis Carandell, Alfonso Ortuño, Carlos Pumares, Luis Ángel de la Viuda, Marisol Galdón, Ana Rosa Quintana e a condesa de Siruela), La voz de... con José Luis Balbín e La voz de las estrellas con Carlos Pumares.
Os deportes en RadioVoz foron o inicio da carreira de profesionais desa área; con Andrés Montes de locutor dos programas de información deportiva, RadioVoz deu unha oportunidade a unha nova xeración de xornalistas. Teo Pereiro (Telemadrid) Miguel Ángel Méndez (Radio Marca) ou José Luis Corrochano (Onda Cero) son algúns dos profesionais que iniciaron a súa carreira na emisora, onde puideron compartir aprendizaxe grazas ao mencionado Andrés Montes, Ernesto López Feito, Eduardo Torrico ou, máis adelante, Gaspar Rosety.
Fusión con Onda Cero (1999-2002)
[editar | editar a fonte]En 1999, RadioVoz fusionouse con Onda Cero, pasando dende entón as emisoras localizadas fóra de Galicia a propiedade e emisión de Onda Cero, e incorporando algúns dos seus programas e locutores á mesma. Causou especial polémica durante o proceso de fusión a supresión do programa "La radio de Julia" de Onda Cero, presentado por Julia Otero, que foi substituído polo programa procedente de RadioVoz "La canción del verano" de José Ramón Pardo, o que motivou centos de chamadas de protesta ao programa e á emisora e a sospeita de que houbese motivacións políticas.[5]
En Galicia, trala fusión, continuou emitindo co nome de RadioVoz, emitindo programación local e conectando coa programación de Onda Cero. O acordo entre o Grupo Voz e Onda Cero rematou en 2002 cando o primeiro retomou o control das súas emisoras en Galicia poñendo en funcionamento unha cadea de radifusión privada de ámbito galego.[6]
Accionariado
[editar | editar a fonte]RadioVoz pertence a Medios Audiovisuales de Galicia S.L., que está participada por: Corporación Voz de Galicia, 67%; Corporación Abanca, 18%, e Inversiones Frieira, S.L.U. (propiedade do empresario Manuel Jove), 15%.[7]
Frecuencias
[editar | editar a fonte]- A Coruña: 92.6 FM (identifícase como RadioVoz A Coruña)
- A Pobra do Caramiñal: 107.5 FM (Emisora municipal da Pobra que reemite a programación do 88.8 FM de RadioVoz Barbanza)
- Carballo: 99.8 FM (identifícase como RadioVoz Bergantiños)
- Cee: 94.2 FM (identifícase como RadioVoz Bergantiños)
- Ferrol: 105.4 FM (identifícase como RadioVoz Ferrol)
- Muros: 97.3 FM (identifícase como RadioVoz Barbanza)
- Porto do Son: 88.8 FM (identifícase como RadioVoz Barbanza)
- Santiago de Compostela: 106.1 FM (identifícase como RadioVoz Compostela)
- Vimianzo: 99.5 FM (identifícase como RadioVoz Bergantiños)
- Chantada: 90.4 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
- Lugo: 105.6 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
- Monforte de Lemos: 87.8 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
- Ribadeo: 102.3 FM (identifícase como RadioVoz A Mariña)
- Sarria: 98.1 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
- Vilalba: 103.0 FM (identifícase como RadioVoz Lugo)
- Viveiro: 88.5 FM (identifícase como RadioVoz A Mariña)
- O Barco de Valdeorras: 97.9 FM (identifícase como RadioVoz Valdeorras)
- Ourense: 101.4 FM (identifícase como RadioVoz Ourense)
- Verín: 95.8 FM (identifícase como RadioVoz Ourense)
- Xinzo de Limia: 96.9 FM (identifícase como RadioVoz Ourense)
- Lalín: 94.8 FM (identifícase como RadioVoz Lalín)
- Ponteareas: 101.6 FM (identifícase como RadioVoz Vigo)
- Pontevedra: 93.1 FM (identifícase como RadioVoz Pontevedra)
- Vigo: 103.8 FM (identifícase como RadioVoz Vigo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. p. 393. ISBN 84-89947-73-2.
- ↑ Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da Radio en Galicia. Edicións Lea. p. 280. ISBN 84-89947-73-2.
- ↑ Hermida, Xosé (1994-11-10). "10 emisoras de Galicia se desvinculan de la COPE". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ Beaumont, José F. (1994-12-01). "Radio Voz, nueva cadena radiofónica nacional". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ Rivas, Rosa; Gómez, Rosario G. (1999-08-02). "Onda Cero cancela por sorpresa el espacio de Julia Otero, líder de la programación de tarde". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ Gómez, Rosario G. (2002-06-05). "El grupo Voz recupera el control de siete emisoras de radio en Galicia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-07.
- ↑ "Empresa". www.radiovoz.com. Consultado o 2023-04-07.