Rachel Portman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Rachel Mary Berkeley Portman 11 de decembro de 1960 (63 anos) Haslemere, Reino Unido (pt) |
Educación | Worcester College (en) Charterhouse School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Músico |
Ocupación | compositora, compositora de bandas sonoras |
Xénero artístico | Banda sonora orixinal e ópera |
Influencias | |
Familia | |
Cónxuxe | Uberto Pasolini (1995–2006) |
Fillos | Anna Gwendolen Pasolini Dall'Onda, Giulia Ginerva Pasolini Dall'Onda, Niky Joan Pasolini Dall'Onda |
Pais | Berkeley Portman e Penélope Mowat |
Premios | |
| |
Páxina web | rachelportman.co.uk |
|
Rachel Mary Berkeley Portman,[1] OBE, nada en Haslemere o 11 de decembro de 1960[1] é unha compositora inglesa, máis coñecida polas súas bandas sonoras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Portman naceu o 11 de decembro de 1960 en Haslemere en Surrey, Inglaterra, filla de Sheila Margaret Penelope (de solteira Mowat) Portman e Berkeley Charles Berkeley Portman.[1][2]
Estudou en Charterhouse e comezou a interesarse na música dende nova, comezando a compoñer aos catorce anos.[3]
Tras rematar a escola, Portman estudou música no Worcester College, Oxford. Alí comezou o seu interese na composición para filmes e comezou a experimentar coa escritura de música de producións de filmes e obras de teatro dos estudantes.[3]
Carreira
[editar | editar a fonte]A carreira de Portman na música comezou coa escritura da música para telefilmes dramáticos da BBC e Channel 4 como Oranges Are Not the Only Fruit, Four Days in July de Mike Leigh e a serie The Storyteller de Jim Henson.[3]
Dende entón, Portman escribiu máis de cen bandas sonoras para cinema, televisión e teatro, incluídas The Manchurian Candidate (Jonathan Demme), Oliver Twist (Roman Polanski), A guerra de Hart (Gregory Hoblit), The Legend of Bagger Vance (Robert Redford), Beloved (Jonathan Demme), Benny e Joon (Jeremiah Chechik), Life Is Sweet (Mike Leigh), Never Let Me Go (Mark Romanek), Grey Gardens (Michael Sucsy), The Duchess (Saul Dibb), One Day (Lone Scherfig), The Vow (Michael Sucsy), Snow Flower and the Secret Fan (Wayne Wang), A casa do lago (Alejandro Agresti), Infamous (Douglas McGrath), O sorriso de Mona Lisa (Mike Newell) e The Human Stain (Robert Benton).
Portman é quizais máis coñecida polas bandas sonoras dos filmes Chocolat e As normas da casa da sidra.
Entre os seus outros traballos inclúense unha ópera para nenos, The Little Prince (que máis adiante foi adaptado na televisión) e Little House on the Prairie, musical baseado nos libros de Laura Ingalls Wilder Little House on the Prairie (2008). A Portman encargáronlle escribir unha peza de música coral para a serie BBC Proms en agosto de 2007.
Rachel Portman casou en 1995 con Uberto Pasolini Dall'Onda, co que tivo tres fillas, Anna Gwendolen, Giulia Ginerva e Niky Joan Pasolini Dall'Onda.[2]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]O primeiro premio recibido por Portman foi como resultado de compoñer "un gran corpo de traballo" para The Storyteller, pola que recibiu o premio Anthony Asquith do British Film Institute.[4]
Máis adiante, Portman converteuse na primeira muller que gañou un Oscar na categoría de mellor banda sonora por Emma (1996). Previamente gañaran un Oscar as compositoras Barbra Streisand (1977), Buffy Sainte-Marie (1983) e Carly Simon (1989) na categoría de mellor canción orixinal. Portman tamén foi candidata aos Óscar polas bandas sonoras de As normas da casa da sidra en 1999 e de Chocolat en 2000.
O 19 de maio de 2010, recibiu o premio Richard Kirk Award nos Premios BMI de Cinema e Televisión pola súa contribución á música de cinema e televisión. Portman foi a primeira muller que recibiu este honor.[5]
Portman foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) nas honras de ano novo de 2010.[6]
En 2015 Portman recibiu o Emmy á composición destacada para unha miniserie, filme ou especial polo seu traballo en Bessie.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rachel Portman Biography (1960-), FilmReference.com website.
- ↑ 2,0 2,1 "The Peerage". Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Rachel Portman Biography". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2014.
- ↑ BBC Composer of the Week: Rachel Portman at 15:36 by Donald Macleod, 9 de marzo de 2018 (consultado o 19 de abril de 2018)
- ↑ "Rachel Portman Receives Richard Kirk Award at BMI Film & TV Music Awards". BMI.com. Consultado o 20 de outubro de 2010.
- ↑ "Ligazón en The London Gazette". London Gazette (59282): 11. 31 de decembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Rachel Portman en Chester Novello
- Rachel Portman en Danish Filmmusic Society