Raymond T. Baker
Raymond T. Baker Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1917-1922) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de novembro de 1877 Eureka. Nevada. |
Morte | 28 de abril de 1935 (57 anos) Washington, D.C. |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Nevada, Reno. Universidade Stanford. |
Actividade | |
Ocupación | Home de negocios e alto funcionario. |
Partido político | Partido Demócrata |
Familia | |
Cónxuxe | Delphine Dodge (1928–1935), morte da persoa Margaret Emerson (1918–1928), divorcio |
Fillos | Gloria Baker () Margaret Emerson |
Raymond Thomas Baker, nado en Eureka, Nevada, o 22 de novembro de 1877 e finado en Washington o 28 de abril de 1935, foi un home de negocios e alto funcionario estadounidense, que ocupou o posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unuidos entre 1917 e 1922.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Baker naceu en Eureka, no condado do mesmo nome, en Nevada, o 22 de novembro de 1877,[1] fillo de Mary Agnes Hall e de George Washington Baker, o conselleiro principal da compañía de ferrocarril Southern Pacific Railroad.[2] O seu irmán Cleve Baker foi fiscal xeral de Nevada.[3]
Cursou a súa educación secundaria na Oakland High School e na Anderson's Academy, ambas en Oakland, California,[3] e posteriormente formouse na Universidade de Nevada, Reno, e na Universidade Stanford.
Carreira rpofesional
[editar | editar a fonte]Concluída a súa etapa universitaria, Baker dedicouse á minaría do ouro e chegou a ser un dos maiores investidores neste sector en Rawhide, Nevada. Cando vendeu os seus títulos, converteuse nun home moi rico.[4]
Durante moito tempo amosou interese pola reforma penitenciaria e en 1911, un ano despois de que o seu irmán fose nomeado fiscal xeral do Estado, Baker, que fora o director da súa campaña, accedeu ao cargo de alcaide da prisión estatal de Nevada, que ocupou desde o 1 de febreiro dese ano ata o 10 de maio de 1912.[1][3]
En 1913 dirixiu con éxito a campaña electoral de Key Pittman ao Senado e, logo de que este tomase posesión, foi o seu secretario en Washington.[1][5]
En 1915, Baker trasladouse a Rusia para ocupar durante dous anos o posto de secretario persoal de George T. Marye, o embaixador dos Estados Unidos naquel país.[5]
Ao seu regreso de Rusia, o presidente Woodrow Wilson nomeouno en 1917 director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, posto que ocupou ata marzo de 1922.[1][6] O primeiro ano do seu mandato estivo marcado pola morte do gravador xefe da Casa da Moeda, Charles e Barber, e o nomeamento do seu sucersor, Gerorge T. Morgan. Un dos fitos deste período foi a posta en circulación do coñecido como dólar Peace, en 1921.[5][7]
Logo de deixar o seu posto na Casa da Moeda, Baker retomou os seus negocios relacionados coa minaría e introduciuse tamén no sector bancario.[5]
Baker presentouse por Nevada ás eleccións ao Senado de 1926, dentro da candidatura demócrata, mais acabou derrotado polo candidato republicano Tasker Oddie.[1][5][8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O 12 de xuño de 1918 casou coa rica herdeira Margaret Emerson Vanderbilt (1886-1960), viúva de Alfred Gwynne Vanderbilten, en Lenox, Massachusetts,[9] con quen tivo unha filla.[1] Raymond e Margaret divorciáronse o 1 de outubro de 1928.
O 4 de decembro de 1928, Baker casou en segundas nupcias con Delphine Dodge Cromvell (1899-1943), filla do fundador da Marca automobilística Dodge (Dodge Motor Company).[10] Coa súa segunda esposa tivo outra filla.[1]
Baker faleceu por mor dunha trombose coronaria o 28 de abril de 1935, en Washington,[5] uns tres meses despois de sufrir un ataque ao corazón.[11][12] Foi incinerado e as súas cinzas foron soterradas no cemiterio de Mountain View, en Oakland, California.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Smith, P. (2012). "Baker, Raymond Thomas".
- ↑ "Index to Politicians". PoliticalGraveyard.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 157.
- ↑ "Political Notes: High Adventure". En Time. 5 de abril de 1926.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). Páxina 158.
- ↑ "Former Directors of the United States Mint". United States Mint.
- ↑ "PCGS Certifies Rare Transitional Peace Dollars From Former Mint Director’s Estate Arquivado 04 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". En Coin Week. 12 de xullo de 2014.
- ↑ "Statistics of the Congressional Election of November 2, 1926". Páxina 12. United States House of Representatives.
- ↑ "Mrs. A.G. Vanderbilt to wed R. T. Baker [...] Director of the Mint at Her Lenox Home in June". En The New York Times. 31 de maio de 1918.
- ↑ "Mrs. Cromwell to Marry Today; Former Delphine Dodge to Wed Raymond T. Baker, Ex-Director of U.S. Mint". En The New York Times. 4 de decembro de 1928.
- ↑ "Raymond T. Baker, ex-Mint head, dies; Held Federal Post From 1917 to 1922 Led in Development of Mining in Nevada". En The New York Times. 29 de abril de 1935.
- ↑ "Ray T. Baker, Former Mit Director, Dies". En Healdsburg Tribune. 29 de abril de 1935.
- ↑ "Raymond Thomas Baker". Findagrave.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raymond T. Baker |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Failor, K. M.; Hayden, E. (1972). "Raymond Thomas Baker". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 157-158.
- Smith, P. (2012). "Baker, Raymond Thomas". En American Numismatic Biographies. Páxina 21.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: F. H. von Engelken |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1917-1922 |
Sucesor: Frank Edgar Scobey |