Raúl I de Francia
Nome orixinal | (fr) Raoul, Rodolphe |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 890 (Gregoriano) Auxerre, Francia |
Morte | 15 de xaneiro de 936 (45/46 anos) Auxerre, Francia |
Causa da morte | doenza Pediculose |
Monarca da Francia Occidental | |
15 de xuño de 923 – 15 de xaneiro de 936 ← Roberto I de Francia – Lois IV de Francia → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Rei dos francos (923–936) |
Familia | Bosónidas |
Cónxuxe | Emma da França |
Pais | Ricardo, Duque da Borgonha e Adélaïde de Bourgogne |
Irmáns | Ermengarde of Burgundy Boso I, Count of Provence Hugh the Black |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Raúl ou Rodolfo I de Borgoña e I de Francia, nado en 890 e finado en Auxerre o 15 de xaneiro de 936, foi duque de Borgoña (921 - 923) e rei de Francia (923 - 936).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Naceu no 890, sendo fillo de Ricardo I de Borgoña e da súa muller Adelaida de Auxerre. Era neto pola liña paterna do nobre Bivin, fillo posibelmente de Bosón o Vello, e por liña materna de Conrado II de Auxerre. Casou con Emma de Francia, irmá de Hugo o Grande, conde de París. Desta unión, só tiveron un fillo chamado Luís, que faleceu en 934[1].
Ducado de Borgoña e Reino de Francia
[editar | editar a fonte]Sucedeu ao seu pai Roberto I o Xusticeiro á súa morte en 921 no Ducado de Borgoña, pero renunciou a el para se converter en rei de Francia en 923 despois da batalla de Soissons, na que destronaron a Carlos III de Francia[2]. Unha asemblea de nobres franceses elixiuno á morte do rei Roberto I de Francia.
Como rei de Francia tivo que se enfrontar a varias invasións por parte dos viquingos nas costas francesas, así como dos maxiares, que deron invadido a Borgoña e Reims en 924. Raúl morreu sen descendencia en 936[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Préhistoire des Capétiens (en francés). Patrick van Kerrebrouck. 1993. ISBN 2-9501509-3-4.
- ↑ Raoul ou Rodolphe de Bourgogne devenu roi de France l'an 923 (en francés). Dupont. 1823.
- ↑ Bien connaître les généalogies des rois de France (en francés). Editions Jean-paul Gisserot. 1996. ISBN 2877472086.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raúl I de Francia |