[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rosh HaAyin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRosh HaAyin
רׂאש הַעָיִן (he) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 32°05′N 34°57′L / 32.08, 34.95
EstadoIsrael
DistritoDistrito Central (pt) Traducir
SubdistritoPetah Tikva (sub-district) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación56.300 (2018) Editar o valor en Wikidata (2.308,32 hab./km²)
Xeografía
Superficie24,39 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Cronoloxía
1949
1950 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal48100–48104 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Praga
Dachau
Odesa
Cixi City (en) Traducir
Birmingham (2000–)
Vanves (2009–)
Nova Orleáns (2012–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webrosh-haayin.muni.il Editar o valor en Wikidata

Rosh HaAyin (en hebreo רֹאשׁ הָעָיִן, en árabe روش هاعين, literalmente Fonte Superior) é unha cidade de Israel pertencente ao Distrito Centro de Israel. Ao oeste de Rosh HaAyin está a fortaleza de Antipatris e a fonte do río Yarkon. Ao sueste está a fortaleza de Migdal Afek (Migdal Tzedek).[1] No ano 2009 a poboación da cidade era de 38.500.[2] A cidade está situada a 25 km ao leste de Tel-Aviv.

Rosh HaAyin foi fundada na década de 1950 preto do lugar onde se atopaba a antiga Antipatris, nos terreos da vila palestina de Majdal Sadek, tamén coñecida como Majdal Yaba (que significa torre de Iafa). Os residentes palestinos foron forzados a marchar en xullo de 1948, logo de que se establecera o estado de Israel. Moitos dos xudeus residentes logo de 1950 eran xudeus iemenís chegados en avión a Israel en 1949 e 1950 na Operación Alfombra Máxica.

Durante décadas Rosh HaAyin foi coñecida como "a cidade iemení". Así a todo, na década dos '90 construíronse novos e grandes barrios, constituíndo de feito unha nova cidade que atraeu a un considerable número de xudeus doutras orixes. A cidade mantén aínda, con todo, unha gran poboación iemení, concentrada principalmente nos varrios máis vellos.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o Israel Central Bureau of Statistics (CBS), en 2001 o principal grupo étnico na cidade eran os xudeus e os non-árabes, cun 99,8 % da poboación, non contando cunha poboación árabe significativa. Tiña 17.400 homes e 17.400 mulleres.

Hai unha gran cantidade de xente nova, sendo a porcentaxe por idades de:

  • 40,7 % de 0-19 anos.
  • 12,7 % de 20-29 anos.
  • 25,8 % de 30-44 anos.
  • 13,0 % de 45-59 anos.
  • 2,6 % de 60-64.
  • 5,3 % de 65 anos e máis.

A taxa de crecemento anual está en torno ao 2,5 %.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]
  1. "Rosh Ha'Ayin". Partnerships with Israel. Jewish Agency for Israel. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2008. Consultado o 17-10-2012. 
  2. "Table 3 - Population of Localities Numbering Above 2,000 Residents and Other Rural Population" (PDF). Israel Central Bureau of Statistics. 2009-12-31. Consultado o 17-10-2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]