[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Roger Bannister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Roger Bannister

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1929 Editar o valor en Wikidata
Harrow, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Wolvercote (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónExeter College
Beechen Cliff School (en) Traducir
Imperial College School of Medicine
Imperial College London
Merton College
St Mary's Hospital Medical School Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso70 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmediofondista, atleta, neurólogo, médico, autobiógrafo, deportista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFranz Stampfl (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportiva800 metros lisos
mile run (en) Traducir
1500 metros Editar o valor en Wikidata
Participou en
1954Jogos do Império Britânico e da Commonwealth de 1954 (pt) Traducir
1954Campeonato da Europa de Atletismo de 1954 (pt) Traducir
1952Xogos Olímpicos de 1952
1950Campeonato da Europa de Atletismo de 1950 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMoyra Jacobsson (1955–) Editar o valor en Wikidata
PaisRalph Bannister Editar o valor en Wikidata  e Alice Duckworth Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
four-minute mile (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Bannister, Roger, 1929-, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX845058 Discogs: 4772905 IAAF: 14355337 WikiTree: Bannister-1297 Editar o valor en Wikidata

Roger Gilbert Bannister, CBE, nado en Harrow,[1][2] Londres, o 23 de marzo de 1929 e finado en Oxford o 3 de marzo de 2018,[3] foi un atleta mediofondista e neurólogo británico. Foi a primeira persoa da historia capaz de correr unha milla (1609 metros) en menos de catro minutos. Trala súa carreira deportiva comezou a traballar como neurólogo, chegando a ser o reitor do Pembroke College de Oxford antes de retirarse en 2001.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bannister era fillo dunha familia adiñeirada e educouse nalgunhas das mellores escolas de Inglaterra. Compaxinou o atletismo cos seus estudos de medicina na Universidade de Oxford.

En 1950 logrou unha medalla de bronce nos 800 metros dos Campionatos de Europa disputados en Bruxelas. Dous anos máis tarde participou nos Xogos Olímpicos de Helsinqui, onde estivo preto de conseguir unha medalla, finalizando cuarto nos 1500 metros con 3:46,0.

A súa fazaña máis importante e pola que é máis coñecido realizouna o 6 de maio de 1954 no transcurso dun encontro atlético que tivo lugar nas pistas de Iffley Road en Oxford ante 3000 espectadores. Bannister obtivo a vitoria na milla cun tempo de 3:59,4 sendo a primeira persoa da historia en baixar dos catro minutos. A carreira foi todo un acontecemento en Inglaterra e foi retransmitida pola canle de radio da BBC,[4] co antigo campión olímpico dos 100 metros Harold Abrahams como comentarista. O sueceso pasou a ser coñecido como a "milla milagre", xa que algúns dubidaban de que fose posible cubrir esa distancia en menos de catro minutos. Non obstante, isto formaba parte do mito que rodeaba esta proba, espallado polos xornalistas e comentaristas deportivos, e debíase máis a ser un número redonde que a unha análise técnica detallada. De feito, a nova marca só melloraba en dous segundos o récord mundial que estaba en poder do sueco Gunder Hägg dende había nove anos.

Só 46 días despois, o 21 de xuño, a marca de Bannister foi batida en Turku (Finlandia) polo australiano John Landy, que correu a distancia en 3:58,0.[5] A raíz disto xerouse unha grande expectación por ver un enfrontamento directo entre estes dous atletas nunha mesma carreira. Esta tivo lugar o 7 de agosto do mesmo ano nos Xogos da Commonwealth celebrados en Vancouver. Era a primeira vez que Bannister e Landy competían xuntos. Landy dominou durante a maior parte da proba chegando incluso a ter unha pequena vantaxe na terceira volta. Porén, o final de Bannister era máis poderoso e acabou gañando cun tempo de 3:58,8 contra os 3:59,6 de Landy, que foi segundo.[6] Esta carreira foi un grande acontecemento seguido amplamente polos medios de comunicación de todo o mundo, e os británicos celebrárono como un grande éxito nacional. En 1967, o escultor canadense Jack Harman realizou unha escultura en bronce en que aparecen os dous atletas correndo, e que adornou durante moitos anos a entrada do estadio de Vancouver. Cando o estadio foi demolido, a estatua foi trasladada.[7]

Poucas semanas despois da súa vitoria sobre Landy, Bannister gañou a medalla de ouro nos 1500 metros nos Campionatos de Europa disputados en Berna con 3:43,8.[8] Despois dese ano, Bannister retirouse do atletismo para concentrarse na súa profesión, e chegou a ser un distinguido neurólogo.[9][10]

Recibiu moitas honras tanto no seu país como fóra del. Foi o primeiro en ser escollido "deportista do ano" pola revista estadounidense Sports Illustrated. Tamén foi o primeiro presidente do Consello Inglés de Deportes, e a raíña de Inglaterra nomeouno cabaleiro en 1975 polos seus servizos.

Foi diagnosticado con párkinson en 2011.[11]

[editar | editar a fonte]

A historia de Bannister foi obxecto de dúas adaptacións televisivas. A primeira foi unha miniserie de 1988 titulada The Four Minute Mile, protagonizada por Michael York. A segunda foi un telefilme de 2005 titulado Four Minutes, con Jamie Machlachlan no papel de Bannister.

  1. "Roger Bannister at sports-reference.com". www.sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  2. "Roger Bannister". Crawbar Ltd. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  3. Muere Roger Bannister. ABC.
  4. "On This Day, 1950–2005: 6 May 1954: Bannister breaks four-minute mile". BBC News. Consultado o 26 de outubro de 2013. 
    Inclúe imaxes completas da carreira.
  5. "Track and Field Statistics – John Landy". trackfield.brinkster.net. Track and Field Statistics. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  6. "Past Commonwealth Games". www.thecgf.com. Commonwealth Games Federation. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2018. 
  7. Steil, John; Stalker, Aileen (2009). Public Art in Vancouver: Angels Among Lions. Victoria, B.C.: Touchwood Editions. p. 41. ISBN 9781894898799. OCLC 305103587. 
  8. All-Athletics. "Profile of Roger Bannister". Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2016. 
  9. "Obituary: Roger Bannister". BBC News. 4 de marzo de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  10. "Sir Roger Bannister: First man to run a mile in under four minutes dies at 88". BBC Sport. 4 de marzo de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  11. Sale, Jerome (2 de maio de 2014). "Sir Roger Bannister reveals Parkinson's disease battle". BBC News. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bannister, Roger (1955), The Four-Minute Mile. Revised and enlarged 50th anniversary (of the race) edition, 2004, The Lyons Press.
  • Bascomb, Neal (2004), The Perfect Mile: Three Athletes, One Goal, and Less Than Four Minutes to Achieve It. ISBN 0-618-39112-6.
  • Cameron, Julia (1993), The Artist's Way. Oxford, Londres: Pan Books. ISBN 0-330-34358-0.
  • Freeman, Roy; Low, Philip; Joyner, Mike (xaneiro de 2019). "Obituary: Sir Roger Bannister (1929–2018)". Autonomic Neuroscience 216: iii–v. doi:10.1016/j.autneu.2018.09.007. 
  • Nelson, Cordner and Quercetani, Roberto (1985), The Milers, Tafnews Press, 1985, ISBN 0-911521-15-1, pp. 181–215
  • Quercetani, R. L. (1964), A World History of Track and Field Athletics, 1864–1964, Oxford University Press.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]