Rodney Stuckey
(2008) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1986 (38 anos) Kent, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Kentwood High School (en) Eastern Washington University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Detroit Pistons | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Rodney Norvell Stuckey, nado o 21 de abril de 1986 en Seattle, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Cunha altura de 1,96 metros xogaba nas posicións de base e escolta.
Carreira
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Stuckey acudiu ao Kentwood High School en Kent, Washington, lugar dende o cal pasou á Universidade de Eastern Washington. Alí gozou de dúas tempadas brillantes, ofrecendo uns números moi bos. Debutou na tempada 2005-06 facendo 24,2 puntos, 4,8 rebotes, 4,1 asistencias e 2,2 roubos por partido. Abraiou a toda a NCAA con 45 puntos ante Northern Arizona. No seu primeiro partido fronte a Pacific Lutheran conseguiu un dobre-dobre, con 14 puntos e 10 asistencias. Implantou un novo récord na súa universidade con 726 puntos nunha tempada liderando a Big Sky en anotación e alzouse co MVP da Big Sky.
Coma sophomore na tempada 2006-07 liderou novamente a Big Sky en puntos e rematou 7º no país con 24.6, ademais de 4.7 rebotes, 5.5 asistencias (2º da Big Sky) e 2.4 roubos de media. Fronte a Portland State rexistrou o seu máximo da tempada con 36 puntos. Chegou ou superou nove veces os 30 puntos. En só dúas tempadas anotou 1.438 puntos, capturou 279 rebotes, repartiu 283 asistencias e roubou 145 balóns. Nas dúas campañas foi galardoado coa honorábel mención All-America por The Associated Press e All-Big Sky Conference. Levou o número 3 en Eastern Washington en honra ao seu xogador favorito, Dwyane Wade.
NBA
[editar | editar a fonte]Stuckey foi elixido por Detroit Pistons no posto 15 da 1ª rolda do draft de 2007. A súa tempada coma rookie foi boa, e aproveitou ao máximo os minutos que se lle daban, facendo 7,6 puntos por partido durante a tempada regular, e mellorando os seus rexistros na postempada, onde fixo 8,2 puntos por encontro.
O 21 de xullo de 2014, Stuckey fichou polos Indiana Pacers.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pacers Sign Rodney Stuckey". NBA.com. 21 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rodney Stuckey en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Rodney Stuckey Arquivado 20 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Rodney Stuckey en NBADraft.net (en inglés)
- Estatísticas de Stuckey en ESPN.com (en inglés)