[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Roca (empresa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roca
TipoSociedade Anónima
Fundación1917 Gavà (Barcelona) Cataluña Cataluña
IndustriaBaño
ProdutosPorcelana sanitaria
Billas
Caldeiras
Número de empregados21.100
Na rede
http://www.roca.com/
Facebook: RocaLife Instagram: rocalife Youtube: UCWZmp8S9xdJJ9bQCqMVeyQQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roca é unha multinacional de orixe catalá que opera en máis de 135 países. É líder mundial en porcelana sanitaria e ten 72 fábricas e filiais por todo o mundo[1].

W+W (Washbasin+Watercloset) por Roca

A empresa fundouse en Barcelona como Compañía Roca Radiadores S.A. adicada á fabricación de radiadores de ferro fundido para vivendas. En 1925 fabricaron as primeiras caldeiras de fundición e en 1929 iniciouse a produción de bañeiras de ferro fundido. En 1936 introducíuse no sector da porcelana sanitaria e en 1954 empezou a fabricar tamén billas. Unha segunda fábrica de porcelana inaugurouse en Madrid en 1962.

En 1963, constrúe unha fábrica en Barcelona adicada á produción de aparatos de aire acondicionado, cando pasou a ser unha das primeiras empresas españolas en entrar no mercado da climatización. En 1968, púxose en marcha a terceira fábrica de porcelana, en Sevilla, e en 1974 inaugurouse a fábrica de bañeiras de aceiro.

A entrada da empresa no sector da cerámica para a construción fíxose nos oitenta. Cerámicas do Foix, pasou a ser unha sociedade filial. En 1989 mercou en Portugal unha fábrica de material sanitario.

No ano 2002, Compañía Roca Radiadores S.A. iniciou un proceso de reestruturación societaria co obxectivo de ordenar as diferentes áreas de negocio en sociedades independentes. O proceso de reestruturación da sociedade culmina en 2005 coa venda dos negocios de calefacción e aire acondicionado co obxectivo de concentrar os esforzos da corporación no negocio do baño. En 2006 Roca pasou a ser líder mundial no sector.

  1. "Traballamos en todas as franxas horarias e comunicámonos en decenas de idiomas". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 18 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]