[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Robin Hood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobin Hood

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Actividade
Ocupaciónladrón, espadachín, arqueiro, xusticeiro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaid Marian Editar o valor en Wikidata
ParellaMaid Marian Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Dictionary of National Biography
Dictionnaire infernal (6ª edición) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 4108 Editar o valor en Wikidata

Robin Hood foi un arquetípico heroe e foraxido do folclore inglés medieval.

Segundo a lenda, Robin Hood era un home chamado Robin Longstride ou Robin de Locksley, quen era de gran corazón e vivía fora da lei, agochado no Bosque de Sherwood e de Barnsdale, preto da cidade de Nottingham.[1] Hábil arqueiro, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o shériff de Nottingham e o príncipe Xoán sen Terra (logo Xoán I de Inglaterra), que utilizaban a forza pública para acaparar ilexitimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan. Na Inglaterra medieval, todo individuo que se opuña ós edictos reais era considerado un "foraxido".

Estatua de Robin Hood no Memorial de Nottingham.

Argumento de Robin Hood

[editar | editar a fonte]

Roberto Fitz Ooth vai casar coa fermosa Mariana Gilewater, filla do barón de Arlongford. Pero a cerimonia é interrompida por unha banda de soldados do Príncipe Xoán irrompendo na capela e declara a Roberto Fitz Ooth "un home fora da lei". Este consegue fuxir cos seus fieis amigos e compañeiros e refúxiase no bosque de Sherwood, converténdose así en Robin Hood.[2][3]

Mariana, encerrada co seu propio pai, escapa e reúnese co seu noivo, seguida polo cura-confesor, o Irmán Miguel, que cambiará de nome despois. Namentres, o príncipe Xoán namórase de Mariana, búscaa desesperadamente e queima o castelo do seu pai. Despois de numerosas aventuras no bosque, Robin Hood e os seus amigos atopan un cabaleiro descoñecido: o Rei Ricardo, que volve de Terra Santa. Devolve os seus títulos nobiliarios a Robin e ós demais perseguidos e permite que case coa súa amada.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Douglas Fairbanks como Robin Hood.

Algunhas adaptacións ó cine foron:

  1. "Ridley Scott’s Robin Hood mostly accurate about medieval life". Medieval Archives (en inglés). 2010-09-21. Consultado o 2024-11-04. 
  2. Robert Fitzooth (ou Fitztooth), Conde de Huntingdon, é unha identidade ficticia para Robin Hood. O nome publicouse por primeira vez na Paleographica Britannica de William Stukeley en 1746. Daquela, a asociación de Robin co condado de Huntingdon tornouse convencional, grazas a Anthony Munday a obra de teatro de 1598 Robert Earl of Huntingdon; tamén se cría xeralmente que coincidía co reinado de Ricardo I de Inglaterra.
  3. Robert E. Morsberger. "In Quest of Robin Hood." Bulletin of the Rocky Mountain Modern Language Association 25, no. 3 (1971): 75-85.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]