Roberto I de Borgoña
Nome orixinal | (fr) Robert I le Vieux |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1011 París, Francia |
Morte | 21 de marzo de 1076 (Gregoriano) (64/65 anos) Fleurey-sur-Ouche, Francia |
Lugar de sepultura | Saint-Seine-l'Abbaye |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque de Borgoña (1032 (Gregoriano)–1076 (Gregoriano)) |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Ermengarda de Anjou (1055 (Gregoriano)–) Hélie de Semur (1038 (Gregoriano)–) |
Fillos | Simon de Bourgogne () Hélie de Semur Hugues de Bourgogne () Hélie de Semur Henrique de Borgoña () Hélie de Semur Robert de Bourgogne () Hélie de Semur Constanza de Borgoña () Hélie de Semur Hildegarda da Borgonha () Ermengarda de Anjou |
Pais | Roberto II de Francia e Constanza de Arles |
Irmáns | Adela de França Hedwig of France, Countess of Nevers Hugo II de Francia Henrique I de Francia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Roberto I de Borgoña, chamado o Vello, nado en París en 1011 e finado en Fleurey-sur-Ouche o 21 de marzo de 1076. Príncipe francés da dinastía dos Capetos e primeiro duque de Borgoña da dita casa, conde de Charolais e Langres (1027) e conde de Auxerre (1040 - 1060).
Biografía
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Fillo do rei de Francia Roberto II o Piadoso e de Constanza de Arlés. Terceiro representante da dinastía dos Capetos, foi neto de Hugo Capeto (938 - 996) e Adelaida de Aquitania (952 - 1004). Foi irmán dos reis Hugo de Francia e Henrique I de Francia.
Ascenso ao ducado de Borgoña
[editar | editar a fonte]A principios do ano 1032, á morte do seu irmán máis vello Hugo de Francia e instigado pola súa nai que desexaba darlle o trono, enfrontouse ao seu irmán e soberano, Henrique I, pero Roberto foi derrotado nunha gran batalla que tivo lugar preto de Villeneuve-Saint Georges. A súa nai Constanza negociou entón a paz coa condición de que a Roberto se lle concedese o ducado de Borgoña, pero o conde de Champaña, Eudes, non estivo de acordo co trato, pois esas terras lle foran concedidas pola raíña para que apoiase os seus intereses. Henrique derrotou a Eudes de Champaña en tres ocasións sucesivas.
Nupcias e descendentes
[editar | editar a fonte]En 1033, casou en primeiras nupcias con Hélie de Semur (1016 - 1056), filla de Dalmace, señor de Semur, e de Aremburga de Vergy. Roberto tiña un carácter violento. En 1048, dominado pola cólera, no medio dunha discusión matou a Dalmace de Semur, o seu sogro. Uns soldados de Roberto asasinaron tamén ao seu cuñado, Jocerand de Semur. O duque pagou os seus crimes peregrinando a Roma e construíndo a igrexa de Semur-en-Auxois. No pórtico esquerdo da igrexa, existen uns relevos escultóricos onde se describen os asasinatos do duque Roberto.
Deste matrimonio naceron:
- Hugo (1034 - 1059), morreu asasinado nunha pelexa co conde Guillerme I de Nevers, de Auxerre e de Tonerre.
- Henrique de Borgoña, coñecido como «o Doncel», herdeiro do seu pai, morreu antes de poder sucedelo. O ducado pasou ao seu fillo Hugo.
- Roberto de Borgoña (1040-1113) foi o destinado polo seu pai para herdar o ducado, pero foi desposuído polo seu primo Hugo. O 5 de agosto de 1087 atopouse en León co seu primo Eudes; de alí pasou a Sicilia onde casou coa filla de Roxerio I, conde de Sicilia.
- Simón de Borgoña (1044 - 1088) seguiu a sorte do seu irmán Roberto, e non aparece na Historia.
- Constanza de Borgoña (1046 - 1093), casou primeiro con Hugo II de Chalon, que morreu en España en 1065, e despois con Afonso VI o Bravo, rei de León. Reinou até a súa morte en 1093 e foi nai de Urraca I de León, que sucedeu ao seu pai no trono leonés.
En 1046, repudiou a Hélie e casou en 1048 con Ermengarda de Anjou, filla do conde Fulco III de Anjou, conde de Anjou, e de Hildegarda de Sundgau.
Desta unión naceu unha filla
- Hildegarda de Borgoña (1050 - 1104), casada en 1068 co conde Guillerme VIII de Poitiers, duque de Aquitania.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jean Richard, Les ducs de Bourgogne et la formation du duché du XIe au XIVe siècles, Société Les Belles Lettres, París, 1954.
- Ernest Petit, Histoire des ducs de Bourgogne de la race capétienne, París, 1885.
- Maurice Chaume, Les origines du duché de Bourgogne, Académie des Sciences, Arts et Belles Lettres, 1925.
- Eugène Jarry, Formation territoriale de la Bourgogne. Essai de géographie historique, París, 1948.