[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Roberto Francisco Chiari Remón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Francisco Chiari Remón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1905 Editar o valor en Wikidata
Cidade de Panamá Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 1981 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Cidade de Panamá Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNational Liberal Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiRodolfo Chiari Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 9442725 Editar o valor en Wikidata

Roberto Francisco Chiari Remón, nado en Cidade de Panamá o 2 de marzo de 1905 e finado na mesma vila o 1 de marzo de 1981, foi un político Panameño, Presidente de Panamá durante dous períodos: en novembro de 1949 e desde o 1 de outubro de 1960 ata o 1 de outubro de 1964. Foi fillo do tamén presidente de Panamá Rodolfo Chiari.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio La Salle e obtivo o título de bacharel e perito mercantil. Traballou na produción de azucre, pero foi o único dos seus irmáns que se interesou na política. En 1940 foi elixido deputado da Asemblea Nacional e durante o goberno de Ricardo Adolfo de la Guardia foi Ministro de Salubridade e Obras Públicas. O 20 de novembro de 1949, asumiu o cargo de presidente logo da renuncia de Daniel Chanis Pinzón, no entanto ocupou o cargo por catro días. Foi candidato á presidencia da república en 1952 contra o seu primo o Coronel José Antonio Remón Cantera, pero perdeu. Nese momento foi presidente da Cámara de Comercio e presidente do Partido Liberal por oito anos.

Participou novamente nas eleccións presidenciais de 1960 contra Ricardo Arias e Víctor Goytía, e puido vencer nelas. O 1º de outubro de 1960 asumiu a Presidencia Constitucional da República para un período de catro anos. A súa administración estivo enfocado na educación e a saúde. Non obstante o feito máis destacable no seu goberno é romper as relacións entre Panamá e os Estados Unidos, logo dos acontecementos do Día dos Mártires do 9 de xaneiro de 1964, onde estudantes Panameños entraron á Zona do Canal de Panamá para hastear unha bandeira panameña no Colexio de Balboa, pero foron reprimidos polos estadounidenses, que habían atacado a bandeira e causado 22 panameños mortos e outros feridos.

Ao terminar o seu cargo como presidente retirouse da vida pública e traballou nas súas compañías privadas. Foi presidente do Sindicato de Industrias desde 1967 ata 1969.