[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Río Texo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Texo
Imaxe
Tiporío
río aurífero
río principal Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPenínsula Ibérica e Vale do Tejo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaEspaña e Portugal Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial1.593 m Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónFuente García (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final0 m Editar o valor en Wikidata
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°19′11″N 1°41′51″O / 40.31969, -1.6975
38°51′09″N 9°00′49″O / 38.8525, -9.01369
Afluentes
54
Conca hidrográficaconca hidrográfica do Texo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.007 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica80.602 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal500 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451175

O Texo (Tajo en castelán; Tejo en portugués) é o río máis longo da Península Ibérica, que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertence aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude, e desemboca no océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.

Características

[editar | editar a fonte]

Percorre unha lonxitude de 1.008 km, 816 deles por territorio español, onde discorre por catro comunidades autónomas (Aragón, Castela-A Mancha, Madrid e Estremadura) e un total de seis provincias (Teruel, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Toledo e Cáceres).

Logo de formar fronteira entre España e Portugal ao longo de 47 km, entra neste último país.[1] Aquí percorre 145 km, a través das rexións tradicionais de Alto Alentexo, Ribatexo e Estremadura, nas que se integran os distritos de Portalegre, Santarém e Lisboa.

Nas súas beiras érguense cidades españolas como Aranjuez, Toledo e Talavera de la Reina, e portuguesas como Abrantes, Santarém e Lisboa.

A súa conca ten unha superficie total de 80.600 km². É a de maior poboación da Península Ibérica, con máis de dez millóns de habitantes. Nela intégranse as áreas metropolitanas de Madrid e Lisboa.

A conca do Texo alcanza unha capacidade total de encoro ao redor dos 14.500 hm³. Polo que respecta ao territorio español, atópase regulada pola Confederación Hidrográfica del Tajo, organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente. O Transvasamento Texo-Segura deriva parte do caudal do río cara á zona suroriental de España.[2]

O seu curso alto está incluído dentro do Parque Natural do Alto Texo, na provincia de Guadalaxara. Tamén o seu curso medio-baixo está protexido legalmente, mediante o Parque Nacional de Monfragüe, localizado na provincia de Cáceres. Máis adiante atópase Parque Natural do Texo Internacional, entre a provincia de Cáceres e Portugal. Na súa desembocadura atópase a Reserva Natural do Estuario do Texo.

Os seus principais afluentes son: Jarama, Guadarrama, Alberche e Alagón, pola dereita; e Guadiela e Salor pola esquerda.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. O tramo de 47 km nos que o río delimita a fronteira entre España e Portugal é coñecido como Texo Internacional.
  2. Portal Auga (n/d). Portal Auga, ed. "¿Cómo funciona el trasvase Tajo-Segura?" (en castelá). Arquivado dende o orixinal o 2007. Consultado o 25 de novembro 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]