[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Río Paraíba do Sul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Paraíba do Sul
(pt) Rio Paraíba do Sul Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaBrasil Editar o valor en Wikidata
División administrativaSão Paulo, Brasil, Estado do Río de Xaneiro, Brasil e Minas Xerais, Brasil Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°36′49″S 41°00′39″O / -21.613639, -41.010711
21°36′49″S 41°00′39″O / -21.613639, -41.010711
Afluentes
27
Conca hidrográficabacia do rio Paraíba do Sul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.137 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica60.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal840 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Paraíba do Sul e un río brasileiro que nace no estado de São Paulo, percorre unha parte do sueste de Minas Xerais, fai o linde natural deste estado co de Río de Xaneiro, e desemboca no océano Atlántico. A súa cunca hidrográfica está situada entre as latitudes 20°26' e 23°39'S e as lonxitudes 41° e 46°30'W e ten unha área duns 57.000 km², que se espalla polos tres estados.

Localización e características

[editar | editar a fonte]

A rexión do río Paraíba do Sul (tamén coñecido como río Paraíba) encóntrase hoxe cos seus ecosistemas moi alterados. A foresta orixinal (coñecida como Mata Atlántica) actualmente só existe en parques e reservas forestais. O propio río ten o seu curso mudado por sucesivas represas, destinadas a abastecer de auga e electricidade as poboacións veciñas, incluíndo as grandes cidades do seu vale nos estados de São Paulo e Río de Xaneiro, e tamén a rexión metropolitana da cidade de Río de Xaneiro. A grande actividade industrial e as poboacións nas súas marxes botan nel unha importante cantidade de polución.

A rexión central do Val do Paraíba foi a primeira gran rexión produtora de café no Brasil no século XIX, coa súa economía baseada en grandes propiedades rurais e no traballo escravo. Coa perda de importancia da súa produción cafeteira para o interior do estado de São Paulo, houbo un estancamento económicoa. Despois da creación da Compañia Siderúrxica Nacional (a primeira fábrica de aceiro do Brasil, creada por Getúlio Vargas no 1943) a rexión pasou por un proceso de industrialización que a transformou nunha das máis importantes rexións industriais do Brasil.

O val do río Paraíba do Sul é atravesado polo ferrocarril Estrada de Ferro Central do Brasil e pola estrada Rodovia Presidente Dutra, que ligan a rexión coas cidades do Río de Xaneiro e de São Paulo.

Cidades máis grandes do val do Río Paraíba do Sul

[editar | editar a fonte]

No estado de São Paulo

No estado do Río de Xaneiro

No estado de Minas Xerais

  • Juiz de Fora (xunto ó río Paraibuna, afluente do Paraíba do Sul)
  • Além Paraíba