[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Río Somme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Somme
Imaxe
Tiporío principal
coastal river (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaFrancia Editar o valor en Wikidata
Altitude inicial86 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaAltos de Francia Editar o valor en Wikidata
Final
Altitude final0 m Editar o valor en Wikidata
División administrativacanton of Saint-Valery-sur-Somme, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSaint-Valery-sur-Somme Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraBaie de Somme (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 49°54′23″N 3°24′11″L / 49.9064, 3.4031
50°11′10″N 1°38′35″L / 50.1861, 1.6431
Afluente
Avre (pt) Traducir, Ancre (en) Traducir, Selle (en) Traducir, Hallue (pt) Traducir, Omignon (en) Traducir, Airaines (en) Traducir, Allemagne (en) Traducir, Amboise (en) Traducir, Beine (en) Traducir, Cologne (en) Traducir, Dien (en) Traducir, Germaine (en) Traducir, Nièvre (en) Traducir, Saint-Landon (en) Traducir, Scardon (en) Traducir, Sommette (en) Traducir, Tortille (en) Traducir, Trie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaSomme basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño245 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica6.550 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal35,1 m³/s (Abbeville) Editar o valor en Wikidata

O río Somme é un río do norte de Francia que dá o seu nome ao departamento homónimo. Cunha lonxitude de 245 km, desemboca no canal da Mancha.

Hidrónimo e topónimos

[editar | editar a fonte]

O seu nome procede da palabra celta "Somme", que significa tranquilidade. O río deu nome ao departamento do Somme, e a doce comunas: Fonsomme, Sommette-Eaucourt, Béthencourt-sur-Somme, Cléry-sur-Somme, Bray-sur-Somme, Vaux-sur-Somme, Ailly-sur-Somme, Belloy-sur-Somme, Hangest-sur-Somme, Fontaine-sur-Somme, Eaucourt-sur-Somme e Saint-Valery-sur-Somme.

Eventos históricos

[editar | editar a fonte]
  • En materia de prehistoria, Jacques Boucher de Perthes, un mozo afeccionado á procura na canle do río Somme, atopou restos de animais distintos aos coñecidos en Europa a finais do século XIX, este achado alimentou as teorías eclesiásticas sobre o diluvio universal, aínda que máis tarde Boucher de Perthes atopou restos do que parecían machadas de pedra, o cal deu lugar ao derrubamento destas teorías. Aínda que Buffon, deu o primeiro paso para a destrución da anterior crenza bíblica e máis adiante Darwin achegou as súas teorías sobre a evolución, Boucher de Perthes, é considerado todo un visionario.
  • De acordo á tradición católica, San Quintín foi martirizado no século III, os seus restos foron guindados ao río Somme e recuperados anos máis tarde no lugar onde se construíu unha basílica na súa honra, a basílica de Saint-Quentin.
  • O exército de Eduardo III cruzou o río en 1346 na batalla de Blanchetaque, culminando a campaña na batalla de Crécy.
  • O cruzamento do río tamén figurou prominentemente na campaña que levou á batalla de Agincourt.
  • En 1636, o exército de Flandres, invadiu o norte de Francia ameazando París, tras atravesar o río derrotando ao exército de Lois XIII.
  • En 1770 iníciase a construción da canle do Somme que foi terminado en 1843 cunha lonxitude de 156 km.
  • O Somme fíxose famoso pola batalla do Somme, na primeira guerra mundial en 1916.
  • Cerca do río estrelouse o piloto alemán da primeira guerra mundial Manfred von Richthofen, coñecido como o Barón Roxo o 21 de abril de 1918 ao ser alcanzado por unha bala.
  • As grandes batallas que finalmente pararon o avance alemán na ofensiva da primavera de 1918 foron loitadas no val do Somme en lugares como Villers Bretonneux, o que marcou o principio do fin da guerra.

Departamentos e cidades que atravesa

[editar | editar a fonte]

Principais afluentes

[editar | editar a fonte]
  • Marxe esquerda do río: Omignon, Hallue, Nièvre, Scardon.
  • Marxe dereita do río: Avre, Sele, Saint-Landon, Airaine, Ambroise, Ancre.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]