Río Liffey
(ga) An Life | |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
País da cunca | Irlanda | ||||
División administrativa | Irlanda | ||||
Final | |||||
Localización | Mar de Irlanda | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 125 () km | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 13,8 m³/s | ||||
O río Liffey (en irlandés An Life) é un río de Irlanda que flúe atravesando o centro da cidade de Dublín. Ten unha lonxitude de preto de 125 quilómetros e nace no monte Kippure, no condado de Wicklow. Despois percorre o condado de Kildare antes de chegar ó de Dublín. As súas augas desembocan na baía de Dublín, no mar de Irlanda.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome orixinario do río era An Ruirthech, que significa "corredor rápido (ou forte)"[1]. A verba Liphe (ou Life) referíase orixinariamente ao nome da chaira pola que corría o río, pero co tempo chegou a referirse ao río en si mesmo.[2] Tamén se lle coñeceu como o Anna Liffey, posiblemente tralo préstamo lingüístico do irlandés Abhainn na Life.
Percorrido e sistema
[editar | editar a fonte]O río Liffey emerxe entre Kippure e Tonduff nas montañas de Wicklow. Percorre uns 125 km a través dos condados de Wicklow, Kildare e Dublín antes de desembocar no mar de Irlanda, na Baía de Dublín.
Afluentes
[editar | editar a fonte]O sistema do Liffey inclúe ducias de ríos menores e regatos, entre os que se atopan o Shankill, o Brittas, o Painestown, o Water, o Carmac, o Bradoge, o Poddle e o Dodder.
Asentamentos
[editar | editar a fonte]Entre as vilas asentadas ao longo do río están Ballymore Eustace, Athgarvan, Kilcullen, Newbridge, Caragh, Clane, Celbridge, Leixlip e Lucan antes de chegar á cidade de Dublín.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O Liffey en Dublín á noite.
-
A ponte coñecida como Ha'penny Bridge.
-
O barco Jeanie Johnston no Liffey.
-
Vista do río Liffey.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dublin Castle – Prehistoric Dublin – Capítulo 1". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 28 de xullo de 2014. (en inglés)
- ↑ Byrne, F. J. 1973. Irish Kings and High-Kings. Dublin. p.150