Río Okavango
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Localización | Planalto Central de Angola (pt) | |||
Final | ||||
División administrativa | Seronga, Botswana (pt) | |||
Localización | Delta do Okavango | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do Calaári (pt) | |||
Características | ||||
Dimensións | 1.600 () km | |||
Atravesa | Angola, Botswana e Namibia | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 800.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 500 m³/s | |||
O río Okavango é un longo río africano, que nace na meseta de Bié, en Angola, nunha zona bastante chuviosa, e que tras un percorrido duns 1.600 km penetra nunha conca endorreica, xa en Botswana, onde formou unha extensa rexión aluvial impropiamente denominada e coñecida en todo o mundo como o delta do Okavango. Como desemboca nunha zona cun clima moi árido, trátase dun río alóctono, como é o caso do río Nilo, en Exipto, ou o río Níxer en Malí. A súa conca drena unha superficie de 721.277 km².
Clima
[editar | editar a fonte]A estación das choivas no delta cadra coa de Angola, que ten lugar entre outubro e abril e produce a crecida do río Okavango, que empeza a notarse en decembro e tarda nove meses en completarse debido á escasa pendente do río, uns 60 m en 450 km. As choivas son máis abundantes no norte e menores no sur, onde o río se interna no deserto do Kalahari.
Na cidade de Maun, a porta sur do delta do Okavango, o contraste entre o día e a noite é moi grande no inverno, cunha media das mínimas de 6 °C e unha media das máximas de 23 °C. Non son raras as xeadas durante as ondas de frío. No verán, a calor é moi forte pero pola noite segue refrescando, cunha media das mínimas de 19 °C en novembro e decembro e unha media das máximas de 35 °C en outubro, antes das choivas. A humidade mantense entre o 55 e o 70%.
As choivas son nulas en xullo, agosto e setembro e practicamente nulas en maio e xuño, con 5 e 3 mm de media. En outubro, a media é de 23 mm; en novembro, de 56 mm; en decembro, de 86 mm; en xaneiro, o mes máis húmido, de 107 mm; en febreiro, de 71 mm; en marzo, de 71 mm, e en abril, de 18 mm; logo acábanse, pero as augas seguen subindo moitas veces até xullo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Okavango |