[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Provincia de Zaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Zaire
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°16′S 14°14′L / -6.27, 14.23
EstadoAngola Editar o valor en Wikidata
CapitalMbanza-Kongo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Cuimba (pt) Traducir
Mbanza Congo (en) Traducir
N'Zeto (pt) Traducir
Noqui (pt) Traducir
Soyo (pt) Traducir
Tomboco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación594.428 (2014) Editar o valor en Wikidata (14,81 hab./km²)
Xeografía
Superficie40.130 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AO-ZAI Editar o valor en Wikidata

Zaire é unha das 18 provincias de Angola, localizada no noroeste do país.

A súa capital é a cidade e municipio de M'Banza Kongo, tamén grafada como M'Banza Congo,[1][2] que, no ano 2018, tiña unha poboación estimada de 205 272 habitantes, sendo a única capital provincial angolana que non é a localidade con máis poboación da súa provincia, xe que esta é a cidade de Soio.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo Zaire é un termo co que nas linguas europeas adaptaron a palabra en congo nzere ou nzadi, que significa "o río que traga todos os ríos", en referencia ao río Congo.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia de Zaire encóntrase no noroeste de Angola. Limita ao norte coa República Democrática do Congo (a través do río Zaire), ao leste coa provincia de Uíge, ao sur coa provincia de Bengo e ao oeste co océano Atlántico.[5]

A provincia ten unha extensión de 40 130 km². No ano 2018 tiña unha poboación estimada de 676 649 habitantes,[3] polo que a súa densidade de poboación nese ano era duns 15 hab./km².

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

A provincia agrupa os seguintes 6 municipios, que están subdivididos en 23 comunas:

  • M'Banza Kongo (Concelho de Cambambe, antigamente São Salvador do Congo, sede).
  • Soio (Concelho de Soio, antigamente Santo António do Zaire).
  • Tomboco (Concelho de Tomboco, antigamente Ambrizete).
  • N'Zeto (Concelho de N'Zeto).
  • Noqui (Concelho de Noqui).
  • Cuimba (Concelho de Cuimba).

O pobo congo (ou bakongo) ocupaba o val do río Congo (ou Zaire) a mediados do século XIII, formando alí o reino do Congo, que existiu desde 1390 até 1891 como estado independente, e até 1914 como estado vasalo do reino de Portugal.[6] En 1914, a monarquía do Congo foi abolida tras a represión portuguesa de varias revoltas.[7]

En 1885 a Angola portuguesa creou o distrito do Congo, que se dividiu en 1919 nos distritos de Cabinda e de Zaire, respectivamente ao norte e ao sur do río Congo.[8]

Durante o período de 1961-1997, na Guerra da independencia angolana, unha gran parte dos bakongo fuxiron á República do Zaire. Moitos destes refuxiados, e os seus descendentes, volveron despois de que o acordo de Alvor recoñecese a independencia angolana.[6]

  1. Venancio, Renato Pinto. (1998-1999): "O Ofício do Historiador: uma entrevista com Ronaldo Vainfas". LPH-Revista de História. Ouro Preto-MG: Universidade Federal de Ouro Preto, nº 8, p. 10.
  2. Kinni, Fongot Kini-Yen (2015): Pan-Africanism: Political Philosophy and Socio-Economic Anthropology for African Liberation and Governance. Bamenda / Buea, Camerún: Langaa RPCIG. ISBN 978-9-9567-6254-5, p. 852, Vol 3.
  3. 3,0 3,1 Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimación de 2018. Revista Conexão Emancipacionista. 3 de febreiro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2019.
  4. Forbath 1977, p. 19.
  5. "Province/Zaire". Welcome to Angola. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 Carlos Alberto Jr. (20 de agosto de 2008). ""Quen son os angolanos"" (en portugués). Diário da África. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. José Carlos de Oliveira (e de abril de 2014). "Facts and Historical Documents Relating to the Kingdom of Kongo in the Early Twentieth Century" (en portugués). Portal do Uíge e da Cultura Kongo. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2019. 
  8. Domingos Bembe, Miguel César (2014). "Partilha do Poder no Enclave Angolano de Cabinda: Modelo e Processo" (PDF). Lisboa: Instituto Superior de Ciências Sociais e Políticas, Universidade de Lisboa (en portugués): 42–43. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]