Provincia
Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.
Este termo utilízase con características diferentes segundo os países e as épocas históricas. Polo tanto, unha provincia abrangue realidades de organización territorial diversas.
Historia
[editar | editar a fonte]A verba foi introducida polos romanos, quen dividiron o Imperio romano en provincias, e foi designada ós territorios conquistados fóra da Península Itálica. En latín, o termo provincia fórmase a partir das voces pro («por») e vincia («vitoria»).
Nos países de lingua romance, como España, Italia e Francia, o termo provincia aplicouse a unidades administrativas importantes só inferiores ós reinos. No Imperio español, correspondía a divisións territoriais, que tamé
n adoitaban chamarse correxementos, por ser xurisdicións dun corrixidor. Logo das reformas borbónicas, a provincia correspondía a divisións territoriais controladas por un gobernador-intendente. Tamén se adoitaban chamar intendencias por ser xurisdición dun gobernador-intendente no caso do Vicerreinado do Río da Prata.
Trala Revolución Francesa, o termo provincia caeu en desuso dentro de Francia. A mediados do século XIX, nalgunhas nacións iberoamericanas como México, o Brasil, Colombia e Venezuela chamouse provincia ás unidades administrativas constituíntes e por influxo dos Estados Unidos, devanditas nacións con reformas da súa constitución pasaron a ser chamadas estados por estar dentro dun réxime federal. Por exemplo, o termo provincia, como o é no emprego da frase «provincia mexicana» inclúe como significado ó dun territorio dentro do país agás a súa capital pero o termo quedou desfavorecido.
Nos Países Baixos e Bélxica mantense a denominación provincia para as unidades administrativas principais de ámbolos dous estados. En Bulgaria, a palabra óblast adoita ser sinónimo de provincia.
Na Arxentina mantense a denominación provincia para significar a todo estado federado constituínte da república. No Canadá, un dos estados máis descentralizados do mundo, séguese empregando a denominación provincia tanto en inglés como en francés. No caso de Chile, chamouse provincia a unha unidade administrativa que era subordinada polo estado central e na década de 1970, dadas as súas pequenas dimensións territoriais, foron reunidas en rexións como división de segunda orde e as provincias como división de terceira orde.
En España
[editar | editar a fonte]Artigo principal: Provincias de España
A provincia introducíuse como división administrativa no Imperio Romano, pasando logo o concepto ó reino visigodo, e sendo recuperado polos reinos cristiáns. Dende entón é unha constante na organización territorial. A división actual parte de 1833, cando o Secretrio de Fomento (equivalente ós actuais ministros) Javier de Burgos impulsou o decreto coñecido co seu nome. A constitución de 1978 consagrou esa división, coa provincia como entidade composta pola agrupación municipal, con personlidade xurídica propia. Só cunha lei aprobda polas Cortes Xerais é posible modificar a súa denominación ou capitalidade, necesitando unha lei orgánica para variar os seus límites.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AAVV (2019). Das vías romanas á modernidade. Dep. Prov. Lugo. ISBN 9788412059717.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |